lunes, 19 de diciembre de 2011

Xornada 14

Partido correspondente a Xornada 14 e que se celebrou na tarde do sabado 17 as 16:00 por diferentes motivos. O choque enfrentaba ao ACRD-Union Dena, e se o ACRD queria chegar invicto e seguir a sua difrencia de 9 puntos co primeiro e segundo, a victoria era case obligatoria...

Os dous equipos saltaron forte ao campo, e a pesar de que os goles ian caendo a favor do ACRD, o Dena non baixaba os brazos en ningunha ocasion, chegando a nos porteira pero case sen peligro.

Chegarias ao descando cun axustado 3-0.

Na segunda parte mais do mesmo, pero o Dena con menso forza e menos ocasions, por parte do ACRD mais e mais goles e mais toque de balon..

O partido acabaria cun claro 12-0, con esta victoria o ACRD segue ca sua direncia de 9 puntos e acaba lider da clasificacion na tempada de inverno, asi como invicto en victorias.

Ata o 8 de Xaneiro non volve a liga, a cal levara ao ACRD ao campo do Salcedo, rival forte, e que unindose ao paron de navidades podes ser unha das saidas mais dificiles...

jueves, 15 de diciembre de 2011

I Campus Vero Boquete

I Campus Vero Boquete (Santiago 27 a 29 de decembro 2011)


 

   
   
   
   
   
   
   
Nos días 27, 28 e 29 de Dicembro terá lugar o meu primeiro campus de fútbol en Santiago de Compostela.
Dirixido a rapazas e rapaces de entre 6 e 16 anos cos que se desenvolverán os fundamentos técnico-tácticos do fútbol, tanto colectivos como individuais, nun marco inmellorable de amizade e compañeirismo. Ademais, a actividade principal está acompañada doutras modalidades deportivas nunha xornada de ocio e tempo libre. Contaremos con técnicos titulados e con experiencia, tamén coa visita e colaboración de xogadores/as profisionais (Dépor, Celta, Autos Lobelle, Ponte Ourense, ...), adestradores e preparadores físicos coñecidos.
Existe a opción de aloxamento para os nenos e nenas que queran vir desde fóra de Santiago ou Galicia.
Máis información e folla de inscripción (PDF) en www.veroboquete.com
Tamén  en campusveroboquete@gmail.comEste enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou nos teléfonos 629423964-669050225.
    

Xornada 13 e aplazado

A xornada 13 xogabase o segundo partido da volta, un rival moi duro a batir o segundo clasificado O Ponteareas, as xogadoras desprazábanse a este encontro con moitas baixas sobre todo na defensa, por motivo persoais, de traballo ou lesions, as baixas foron: Mila, Loly, Vi, Cathi, Sumay e Aniña.

As xogadoras sairon ao campo baixo un niebla expesa cun frio aterrador, o cal suposo que as xogadoras tardaran en adaptarse ao ambiente.

O Ponteareas saiu forte, ca sua defensa cerrada atras e aprobeitando a velocidade da sua dianteira para sair a contra, estas apretaban forte, pero nun corner a favor marcou Melany a chute de corner de Niu. A partir de aqui o partido non se decantaba para nadie, e eran oportunidades dos dous equipos.

O Ponteareas aprobeitou un descuido da defensa para marcar un tanto que poñeria as tablas no marcador, para asi ir ao descanso cun 1-1.

Na segunda parte o ACRD xa saiu mais decisivo, sen dar oportunidades e con todo para levarse o partido, o Ponteareas cerrabase atras sen case saidas, e o ACRD apretaba cada vez mais e tiña o control total do partido, asi de outro tiro de corner por parte de Niu e esta vez marcaba Laura o 1-2 definitivo, con apenas 5 minutos para o final, o Ponteares tivo un par de ocasions que non suipo materializar.

Victoria MOI importante para o ACRD, que se consolida no primeiro posto da tabla con 9 puntos de diferencia sobre o 2  e 3, Ponteareas e Villalonga.

PARTIDO APRAZADO 6 DE DECEMBRO
Domingo 6 de Decembro xogouse o partido aprazado contra o Bueu en Vista Alegre, obtendo o resultado 4-0 ante un rival moi forte e que non dou o brazo a torcer en ningun momento, con esta victoria o ACRD obtiña 3 puntos mais para seguir ca sua racha.

lunes, 5 de diciembre de 2011

Xornada 12

Onte xogabase o primeiro partido da volta, este encontro enfrontaba ao ACRD Boiro-Villalonga, Segundo clasificado e equipo que so perdera contra o ACRD...

O partido comenzou baixo a tarde dun Domingo gris, o que provoucou pouca afluencia de publico en Vista Alegre. O partido comezou e as xogadoras do ACRD sairon fortes, moi fortes, pero non daban encontrado o acerto co gol. Pola parte do villalonga comenzaron tamen moi forte con un par de ocasion que non suiperon materilializar, entre elas un man a man ca nosa porteia Ana, que esta supo ataxar o tiro potente da dianteira do Villalonga, o resto do partido un continuo ataque do ACRD,o cal tibo moitas ocasions pero solo puido materializar tres dianas e fallar un penalti.

Na segunda parte mais do mesmo, acoso continuo das nosas xogadoras cun par de ocasions destacables por parte do Villalonga. Nesta parte tamen contariamos con moitas ocasions, das que tamén estas tiberomos moitos fallos..O partido fializaria cun 6-0, que permite ao ACRD ser mais lider..

Convocadas: Ana, Renata, Cathi, Adriana, Tembra, Vi, Loli, Aniña, Rebe, Sori, Martina, Eva, Melani, Marina, Veronica, Laura.

Titulares: Ana, Cathi, Aniña, Vi, Loli, Sori, Rebe, Eva, Melani, Laura e Vero


Cambios: Ana->Renata, Melani->Adriana, Sori->Martina, Loli->Tembra, Eva->Marina.

Goles: Laura 3 Eva 2 Marina 1


Maña Martes día 6 de Decembro, xogamos en Vista Alegre as 12:00 o partido aprazado da primeira volta, que nos enfronta ao Bueu cuarto clasificado con 23 puntos, se lle ganamos conseguiriamos poñernos con 36 puntos a 6 do Segundo clasificado Ponteareas e a 9 do Villalonga...


ANIMO CHABALASSSSSSSS QUE PODEMOS E SABEMOS...

martes, 29 de noviembre de 2011

Xornada 11

Bueno pois esta xornada tocou descanso para as xogadoras do ACRD, xa que lle tocaba disputar o encontro contra o Mondariz, equipo que se dou de baixa na competición. Esta non foi razón para pola que non deixaron de entrenar os seus días correspondentes, xa que se dedicaron a preparar o seguinte encontro moi importante para elas, e para dar un paso mais en conseguir o seu proposito, o ascenso. O partido enfrontas ao segundo clasificado da liga, que se encontra a 3 puntos das nosas, xa que esta semana perderon e ao ACRD ten un partido menos. Na primeira volta non supuxeron un rival forte, xa que o ACRD ganou o encontro 0-12, cousa pola que as xogadoras non se queren fiar porque en toda a primeira volta solo perderon dous partidos.

O proximo partido sera o Domingo 4 as 16:30 en Vista Alegre: ACRD Boiro-Villalonga.

lunes, 21 de noviembre de 2011

Xornada 10

Bueno pois a falta de xogar o encontro aplazado contra o Bueu, xogamos o ultimo partido de esta ultima volta fora da nosa casa. O desplazamento era ao Grove, equipo colista por encima do Mondariz equipo que se dou de baixa na competicion, o Grove solo poseía os tres puntos da súa victoria contra o Mondariz.

Estes non eran motivos suficientes para se relajar, para nada, e ninguén pensou en unha victoria fácil, a veces o máis débil se volve o máis forte.

As xogadoras saltaron ao campo na maña do domingo 20  a eso das 12 da maña, en un campo con bastante afección cousa que poñía algo nerviosas ao equipo. Esta teoría desmantelouse pouco a pouco asique empezaron a caer os goles, chegaríase ao descanso cun claro 0-10, o cal puido ser mais abultado e rematariamos o partido cun 0-18.

Para a semana tocaría xogar  o encontro contra o Mondariz, pero como este equipo se dou de baixa na competición as xogadoras descansarán, e para a seguinte semana tamén, xa que ata o fin de semana do 10-11 de decembro non comenza a segunda volta.

Antes deste comenzo o 6 de decembro as 12 da maña en Vista Alegre, o ACRD xogara o partido aprazado contra o Bueu.

lunes, 14 de noviembre de 2011

Xornada 9

Pois esta semana enfrontabas o ACRD Boiro e o Bueu en Vista Alegre as 18:00, pero por un mal entendido de horarios entre o clube do Bueu e a federacion quedou aplazado. En principio queda aplazado para o 6 de decembro as 12:00.

lunes, 7 de noviembre de 2011

Xornada 8

Xornada 8 de segunda preferente grupo 3, Vista Alegre 18:00, saltan ao campo ACRD Boiro e Umia CF, o ACRD con bastante baixas importantes pero cun 11 titular dispostos a seguir conseguindo victorias, cunha media de edade no 11 titular "que facia tempo que non se via", según algunha veterana do equipo.

Parecía unha boa tarde para practicar futbol, pero acabouse convertindo nunha noite de moito frio, o Umia viña disposto a todo sen nada que perder, e o ACRD a seguir para completar a primeira volta sen derrotas. Empezou dominando o ACRD con bastante claridade, ainda que o Umia en ningun momento se veu abaixo...Pero era visto que os goles empezaria a caer, e asi foi...Empezou Marina, e debeu de ser o baile que se marcou no vestiario, que foi ela a encargada de que o ACRD se fora as casetas cun claro 3-0 que puido ser mais amplio pero as chabalas non souperon rematar.....

Na segunda parte mais do mesmo, Sori de falta, como non, puxo o 4-0, logo veu Laura para no variar  impoñendo o 5-0,e o 6-0 puxo Aniña que ultimamente esta moi acertada co gol, tamén se estreou Tembra poñendo o 7-0, e por ultimo pegou Marina para aumentar a sua conta persoal, chegando asi ao final do partido e ao 8-0 definitivo.

Dende o blog felicitar ao Umia polo seu saber estar e non perder os papeles no campo, e ante todo reinou a deportividade, e dende aqui animamolas a seguir loitando, porque a pesar de levar solo 3 meses entrenando demostraron que teñen moito polo que loitar...

Como non tamen felicitar as chabalas do ACRD, pola sua oitava victoria consecutiva, e damoslle un forte animo para seguir loitando esas victorias tan traballadas..

Esta semana repetimos en Vista Alegre as 18:00 recibimos ao Bueu...VAMOS RECRE!!!!!!!!


Convocadas:  Renata, Mila, Tembra, Ramona, Patri, Sumay, Adriana,  Martina, Aniña, Sori, Marina, Tami, Laura, Melani, Eva e Niu.

Once Inicial: Renata, Adriana, Mila, Aniña,Sumay, Martina, Sori, Marina, Melani,  Laura e Eva.

Cambios: Adriana->Ramona, Adriana->Patri, Marina->Tembra, Eva->Niu, Melani->Tami

Goles: Marina 4, Sori 1, Aniña 1, Tembra 1 e Laura 1.

miércoles, 2 de noviembre de 2011

Xornada 7

Dia 30 de Novembro, as 16:30 en Beluso, ese era o día, hora e lugar do que seguramente fora a saída máis importante da primeira volta, Beluso 4º Clasificado con 11 puntos, e 0 derrotas na súa casa, esas eran as razóns polas que as chabalas do ACRD tiñan que ir concentradas a tope, para poder seguir mantendo esa pequena diferencia co Villalonga, segundo clasificado.

Ala se desprazaron as chabalas rumbo a Beluso e saltaron ao campo de futbol un tanto inquietas, unha das razons podía ser que a grada estaba a rebosar, e entre toda esa mareona encontrabanse uns cantos afeccionados do ACRD.

O partido comenzou e o ACRD non se acababa de adapatar e o partido non se decantaba hacia ningún equipo. O ACRD o pouco que intentaba dominar viuse parado de unha maneira un tanto extraña, xa que as xogadoras do Beluso estaban facendo un partido un pouco duro con entradas a destempo; e pola contra o arbitro parecía que non quería entrar ao xogo e dedicabase a deixar seguir o xogo.

Pero porfin a mediadas da primeira parte, Sori soupo aprobeitar a súa picardia e o despiste das contrarias e encaixou o primeiro gol de unha falta directa ao borde da area.

Logo bateu forte Eva duas veces, e fixo que as chabalas do ACRD se foran algo tranquilas a caseta de vestiarios.

A segunda parte máis do mesmo, entradas a destempo, unha grada que apretaba cada vez mais e un arbitro pesimo, fixo que a nosa capi Cathi saíra das súas casillas por defender ao seu equipo, e recibeu amarela, e acto seguido recibeu a segunda amarela sen saber moi ben a razón, o que estaba claro e que o ACRD se quedaba con 10 xogadoras, e durante uns cantos minutos con 9 xa que Laurita, logo de subir unha entrada dura tivo que ser atendida na banda.

Con 9 xogadoras marcouse o 0-4 por parte de Melani, asi o ACRD pudo poñerse un pouco tranquilo e dedicarse a tela posesion e aguantar, a pesar de todo as chavalas do Beluso non baixaron os brazos en ningun momento.


Convocadas: Ana, Renata, Mila, Cathi, Vi, Tembra, Adriana, Loly, Martina, Aniña, Rebe, Sori, Tami, Laura, Melani e Eva.
Once Inicial: Renata, Adriana, Mila, Aniña,Cathi, Loly, Rebe, Sori, Martina,  Laura e Eva.
Cambios: Adriana->Vi, Loly->Melani, Sori->Tembra
Goles: Eva 2, Sori 1 e Melani 1

Para a semana que ven o ACRD recibe en Vista Alegre, ao Umia, con importantes baixas por motivos persoais ou de traballo, pero seguramente que estas persoas estan ausentes en corpo pero non en mente, ANIMO RECRE......

lunes, 24 de octubre de 2011

Xornada 6

Xornada 6: ACRD Boiro-Portonovo SD Femenino, Boiro Vista Alegre Domingo 27 as 18:00 Dia Chuvioso
Convocadas: Ana, Renata, Mila, Cathi, Vi, Tembra, Ramona, Sumay, Loly, Aniña, Adriana, Rebe, Sori,   Niu, Laura e Eva.
Once Inicial: Ana, Sumay, Cathi, Loly, Aniña, Rebe, Sori, Tembra, Niu, Laura e Eva.
Cambios: Sumay->Ramona, Tembra->Vi, Ana->Renata, Eva-Mila, Loly->Adriana
Goles: Niu 4, Laura 3, Eva 1, Rebe 1 e Aniña 1.

Moi mal día para practicar o futbol, moita chuvia, vento terrible e campo impracticable, pero por decision do colexiado tivose que xogar.

Saltaron os dous equipos ao terreo de xogo, o ACRD algo mais mollado que o Portonovo, xa que estiberon facendo exercicios de quecementeo baixo un bo chaparron mentres que o equipo contrario se resgardaba da choiva...Non sei se este foi o motivo, pero o ACRD Boiro saeu enchufadisimo no partido, xa que non se fiaban nin do campo nin do contrario, xa que a pesar de ir terceiros pola conta, co campo en ese estado calquera cousa podia pasar.

Empezaron a pasar os minutos e as chabalas do ACRD deronse conta que non poidian acabar os seus pases rasos, xa que o balon se quedaba no medios dos inmensos charcos de auga. Foi aqui cando empezaron a xogar por alto e sen apenas chegar a metada da primeira parte empezaron a caer os goles.

Chegariase ao descanso cun contundente 6-0, na segunda parte parece que o tempo nos queixo botar unha man, e as xogadoras sairon a un campo encharcado pero sen choiva, o cal foi secando pouco a pouco e se puido xogar a un futbol mais bonito e de toque, o cal as xogadoras do ACRD aprobeitaron para aumentar a sua diferencia e acabar o partido cun bo 10-0.

Vamos resumindo que o ACRD Boiro conseguiu a sua sexta victoria consecutiva pasada por auga.

Este Domingo as nosas xogadoras toca enfrontarse ao CD Beluso Femnino-ACRD Boiro, animo chabalas e a seguir con esta boa racha..

Comunicar tamén aos visitantes de este blog que esta semana sale un moi BO reportaxe sobre o ACRD Boiro na Voz de Galicia, dende aqui felicitar ao autor e como non as xogadoras. Deixo o enlace:

http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2011/10/20/0003_201110B20C9993.htm

lunes, 17 de octubre de 2011

Xornada 4-5

Fago un pequeno resumo da Xornada 4, xa que por motivos tecnicos non puidemos actualizar a semana pasada, dende aqui pedimos disculpas a todos os visitantes deste blog.

Xornada 5: At. Arousana C 1  ACRD Boiro...Villagarcia Domingo 16 as 16:30
Convocadas: Ana, Renata, Mila, Cathi, Sumay, Loly, Aniña, Adriana, Martina, Rebe, Sori, Melani, Marina, Niu, Laura e Eva.
Once Inicial: Ana, Mila, Cathi, Loly, Aniña, Rebe, Sori, Marina, Niu, Laura e Eva.
Cambios: Marina->Adriana, Niu->Melani, Loly->Sumay, Sori->Martina e Ana->Renata
Goles: Niu 3, Cathi 1, Loly 1, Laura 1 e Rebe 1.

Saltou o ACRD Boiro ao campo de Villagarcia, baixo unha boa tarde de domingo de futbol, cunha boa alineación forte e veterana, xa que o entrenador non se fiaba un pelo deste equipo, que a pesar de ser novo na categoría conta cunha boa historia e cun plantel de xogadoras...
Non acabou de encontrar o seu sitio no campo, xa que se notaba nerviosismo no ambiente, tanto co temor a perder uns puntos moi valiosos q afincaría ainda máis ao equipo na primeira plaza.
Transcurriron os minutos, e o ACRD Boiro apretaba e apretaba pero non conseguía o gol, ante un rival que non baixou os brazos en ningún momento...
Na metade da primeira parte abriu a lata cun gol de Niu de falta directa, a este gol seguironlle outro dela,  un de Loli e outro de Marina a cal tivo que ser sustituida por molestias. O Arousana pola sua parte marcou de penalti o 1-4, resultado co que se chegaría ao descanso.
Na segunda parte xa dominada polo ACRD Boiro por completo, dedicarianse as xogadoras a facer un xogo bonito e a seguir aumentando a diferencia, chegarían os goles de  Laura , Rebe e outro de Niu.

Chegamos ao final do partido cun contundente 1-7, ainda que o Arousana non baixou os brazo en ningún momento, o ACRD Boiro foi un moi grande rival para as rapazas de Villagarcia.

Con esta victoria, as rapazas do ACRD Boiro permanecen invictas no primeiro posto de esta categoria.

Este Domingo 23 as 18:00 recibimos en Vista Alegre ao Portonovo, animamos dende o blog aos socios e non socios a difrutar de unha boa tarde de domingo con bo futbol aportado polo ACRD Boiro.

Animo rapazas.......


Xornada 4: ACRD Boiro 4 Salcedo 0
3 novos puntos ante un moi bo rival, no que destacaremos a grande actuación da súa porteira, costoulle ao ACRD Boiro arrancar, pero unha vez enfilado o partido e gracias ao bo toque do equipo, os goles foron pouco a pouco.

lunes, 3 de octubre de 2011

Xornada 3

Logo de duas xornadas con consecutivas victorias, a terceira non podía acaba mellor, victoria contundente ante o Union Dena por 1-12.

Domingo 2 de Outubro, tocanos xogar partido de maña que logo de haber xogado uns cantos durante a nosa etapa futbolistica non acabamos de adaptarnos moi ben a este horario, a saída estaba programada para as 9:30 da maña dende A Cachada, xa que o partido era as 12:00 en Dena.

As 12:00 saltaron sobre o terreo de xogo as xogadoras de ambos equipos, baixo un sol aplastante e unha maña excisabamente calurosa; por estes ou outros motivos as xogadoras do ACRD Boiro saltaron moi nerviosas ao campo, sen acabar de encontrar o seu lugar no campo, isto prolongouse ata case a metade do primeiro tempo, cando chegou o primeiro gol. Pero pronto as locales empataron o encontro logo dun erro defensivo

A partires disto o ACRD Boiro parece que se puxo comodo sobre o campo e empezou a xogar ao seu mellor futbol, e con isto chegaron as xogadas que deron lugar a grandes goles e ocasions. Chegouse ao descanso cun claro 1-5.

Na segunda parte máis do mesmo, ainda que o Unión Dena tivo algunhas boas ocasións que non supo aprobeitar. O partido acabaria cun 1-12 a favor do ACRD Boiro.

Convocatoria: Ana, Renata, Cathi, Sara Tembra, Victoria, Sara Sumay, Ramona, Adriana, Patri, Rebe, Martina, Melani,Vero, Laura, Niu e Eva.

Once titular: Ana, Cathi, Victoria, Ramona, Adriana, Rebe, Martina, Vero, Eva, Laura e Niu

Cambios: Ana->Renata, Ramona-> Sumay, Victoria->Sara Tembra, Eva->Melani, Rebe->Patri

Goles: Laura 4, Niu 3, Vero 2, Cathi 2 e Melani 1

Con esta terceira victoria consecutiva mantemos o noso posto de lideres en solitario con 9 puntos, perseguidos por At. Arousana e Villalonga con 6 puntos...

Este domingo 9 de Outbro no Campo de Vistalegre as 18:00  ACRD Boiro-Salcedo Femenino, invitamos a todos os visitantes deste blog así como a todos os socios e non socios a acompañarnos na vindeira tarde de domingo, un saúdo a todos e boa semana...

lunes, 26 de septiembre de 2011

Xornada 2

Este domingo 25 de setembro celebrouse a segunda xoranda do grupo 3, o ACRD Boiro recibía en Vista Alegre ao Ponteareas as 18:00, como foi o primeiro partido na casa, fixose as repectivas fotos da presentacion do equipo.

Todo o equipo tanto as convocadas, como as non convocadas, acudiron as 16:30 da tarde ao campo de Vista Alegre, logo das respectivas fotos as convocadas acudiron a cambiarse.+

As 18:00 o saltou baixo un sol radiante o ACRD Boiro ao campo con un pouco de nerviosismo xa que se enfrentaban ao equipo que o ano pasado conseguiu o terceiro posto por detrás de At. Arousana B e San Mateo, repectivamente, que foron os equipos que conseguiron o ascenso.

Tras 45 min de buscar o gol, en respectivas ocasións, sen conseguilo chegamos ao descanso.

Na segunda parte nos primeiros minutos a nosa capi Cathi conseguiría o primeiro gol de falta directa, logo viria o de Niu, tras desfacerse de varias defensas, xa a metade da segunda parte e nos ultimos minutos da segunda viria o terceiro e ultimo gol por parte de tami, tras un rechace da defensa.

Convocatoria: Ana, Renata, Cathi, Mila, Aniña, Loly, Sara Tembra, Ramona, Rebe, Sori, Marina, Tami Vero, Laura, Niu e Eva.

Once titular: Ana, Cathi, Mila, Aniña, Loly, Rebe, Sori, Marina, Tami, Vero, Eva e Laura.

Cambios: Ana->Renata, Loli->Ramona, Marina->Niu, Eva->Tami, Laura->Sara Tembra

Goles: Cathi, Niu e Tami

Con esta victoria, e as derrotas dos equipos q tiñamos empatados con nos, poñemonos de lideres en solitario con 6 puntos.

O proximo domingo enfrontaremonos ao Union Dena no seu campo. Vamos chabalas a seguir loitando...

martes, 20 de septiembre de 2011

Xornada 1

Bueno pois este fin de semana celebrouse a primeira xornada da segunda división femenina do grupo 3, no cal limita o noso equipo ACRD Boiro, e non puido empezar de mellor maneira. O domingo 18 a eso das 14:00 diriximonos as 16 xogadoras hacia Vilalonga para xogar o noso primeiro partido en esta competición que se disputaría as 16:00 no campo do Vilalonga.

Iriamonos ao descanso con 1-4, e o remate do partido o resultado sería 2-12

Xogadoras convocadas: Renata, Aniña, Mila, Cathi, Loly, Victoria, Sara Sumay, Soraya, Rebeca, Eva, Marina, Martina, Vero, Laura, Niu, Melany.

Once Inicial: Renata, Aniña, Mila, Cathi, Loly, Soraya, Rebeca, Eva, Marina, Vero e Laura.

Os cambios foron realizados todos no segundo tempo foron os seguinte: Cathi->Sumay, Soraya->Victoria, Laura->Melany e Marina->Niu.

Os goles foron de: Vero(6), Niu(2), Laura(1), Melany(1), Aniña(1) e un en propia meta de unha xogadora do Vilalonga.

Mencionar que as xogadoras Sara Tembra e Adriana, a pasar de non estar convocadas, tamén nos acompañaron no viaxe para animarnos, darlle as gracias.

Bueno este domingo 25 xogamos as 18:00 en Vista Alegre ACRD Boiro - Ponteareas.

Dende aqui animanos a todos os socios e non socios a acercarse a animar ao equipo e disfrutar de unha boa tarde de futbol, e as xogadoras darlle a enoraboa e a seguir loitando...

lunes, 5 de septiembre de 2011

Resultados Triangular San Ramon




Como falamos anteriormente no blog, participamos un ano mais no Torneo de San Ramón de Bealo, este ano Triangular entre Xuventude Aguiño, Portosín e ACRD Boiro, os enfrentamentos, logo do sorteo, quedaron asi:

18:00 Xuventude Aguiño-Portosin
19:00 ACRD Boiro-Portosin
20:00 ACRD Boiro-Xuventude Aguiño

Os resultados foron os seguintes:
Xuventude Aguiño 0 1 Portosin
ACRD Boiro 1 3 Portosín
ACRD Boiro 2 1 Xuventude Aguiño

Polo tanto a clasificación quedaría da seguinte maneira
1º Portosin 6 ptos
2º ACRD Boiro 3 ptos
3º Xuventude Aguiño 0 ptos

Polo que o campión do torneo foi o Portosín, enoraboa ao gañador e sorte para os tres equipos para a tempada.

lunes, 22 de agosto de 2011

Triagular San Ramón de Bealo

Informamos a todos os visitantes deste blog e as xogadoras do ACRD Boiro, que coincidindo cas festas de San Ramón de Bealo, vaise a celebrar este sábado 26 de agosto un triangular no campo de San Ramón de Bealo, no que nos vamos a participar xunto co Portosin e co Aguiño, os partidos comenzarán as 18:00, polo tanto quedaremos sobre as 17:00 17:30 no campo de Bealo, logo xa concretaremos según a hora que nos toque xogar.Buenos chabalas vamos a ir a por todas, que por que esteamos en segunda non quere decir que seamos inferiores a elas, vamos a disfrutar e a facer o que mais nos gusta e mellor se nos da XOGAR AO FUTBOL...

martes, 26 de julio de 2011

Grupos categorias galegas femeninas tempada 2011/2012

Xa temos os grupos formados das categorias femeninas galegas, tanto a preferente como a segunda cos seus tres grupos, o ACRD Boiro en principio estaba encasillado no grupo dous, pero o máis posible e que se desplace ao grupo 3, este cambio igual o sufre tamén o Silleda.

A liga para o ACRD Boiro comenzará o 2 de Outubro. Cando sepamos os cruces actualizaremos.

Resultado IV Torneo Futbol Praia Esteiro



Logo dun bo fin de semana de futbol praia, chegan os resultados, pois este ano non puido ser, o ACRD Boiro chegou a final do torneo para enfrentarse outro ano mais contra o Manureva, pero o resultado non foi o mesmo, xa que logo de empatar o partido 2-2 chegouse a tanda de penaltis, na que perdemos 2-3. Este ano as rapazas teranse que conformar co segundo posto, enoraboa ao Manureva que foi un grande rival en todos os sentidos.

miércoles, 20 de julio de 2011

Torneo de futbol praia en esteiro



Bueno pois este ano o acrd Boiro volve ao campeonato de futbol praia de Esteiro por segundo ano consecutivo, para revalidar o titulo que conseguiron de campeonas o ano pasado. Mediranse con equipos como A Salina, Manureva, Fusonas,...e outros moitos equipos femeninos, que destacar de esta edición a subida dos premios e a incorporacion de novos equipos...Moita sorte a todas...

martes, 19 de julio de 2011

Comenzamos ca parte deportiva

Aqui poñermos toda a actualidade deportiva tanto da nosa liga como de outras, tamén añadiremos novas.