Historia


Contamos a nosa historia

                Non fai moito tempo, preto de Boiro, existía un club de fútbol, o Sporting de Lampón. Os directivos daquel entonces, achegáronse a una moza do lugar para pedirlle que se fixera socia do club, a súa resposta foi rápida e firme “contade comigo, pero sempre e cando fagades un equipo de fútbol de mulleres”, ó que lle responderon “ti trae as xogadoras, que do resto nos encargamos nos”.
                 Moitos cualificativos bos ten esta moza, pero o verdadeiramente importante para que esta historia se poda contar é a tenacidade. Ela buscou, investigou, entrevistou a mulleres e nenas, para finalmente conseguir un grupo de 22 mulleres, con idades comprendidas entre 16 e 33 anos, interesadas todas elas en xogar o fútbol, todas elas con gañas de adestrar e de competir, grazas a Inés Segade Outeiral, na tempada 98/99 naceu o Sporting de Lampón Feminino.
                Como prometeron os directivos, encargáronse de apuntalo equipo na Federación Galega de Fútbol, buscaron o adestrador Manolo “O peixeiro”, encargáronse de ter un sitio onde poder adestrar e xogar, pola outra banda, as xogadoras adestraron con gañas e esforzáronse o máximo na competición, tanto é así, que no seu primeiro ano quedaron no medio da táboa clasificatoria, algo impensable para un equipo de nova creación. Mulleres coma Inés (Capitá), Ana de Noia, Cruz, Marga, Bea, Raquel, Angela, Agraso, Vanesa, A Vasca, Bárbara, Marta, Ana, Sara, Rita, María, Luci, Sara e moitas mais fixeron posible o nacemento do fútbol feminino no Concello de Boiro. Algunha tivo que deixar o fútbol, houbo novas incorporacións, como Cathi, Marta Pazos, Carla, Carol, Tania, Victoria, Rebeca Laiño, Mila, Loli, Bárbara (A Rubia), Mariana, Sonia¸Alba, Aisha, etc, Juan Armando foi o novo adestrador, e o xogo pouco a pouco foi mellorando, tanto que xogaron fases de ascenso en varias ocasións. Mentres Juan Urbano foi presidente do Sporting de Lampón, o equipo feminino foi tratado como un equipo mais do club.
                Moitas historias temos que contar do noso paso polo Sporting de Lampón, moito corremos por Escarabote, subindo as escaleiras, a costa do colexio, o gato morto detrás da portería no campo do Val do Ulla pero o que nunca esqueceremos é a viaxe de amizade a Tenerife, estivemos unha semana, unha semana que será imposible de esquecer, sobre todo polo ben que se portaron todos os tinerfeños con nos.
                A tempada 02/03 foi o fin do equipo feminino no Sporting de Lampón, motivo principal da retirada do equipo da competición foi a falta de cartos para poder afrontar os gastos de tódalas categorías, a nova directiva quixo que o equipo sacrificado fose o feminino, pero iso non ia impedir que as rapazas e mulleres deixaran de xogar o fútbol.
                A nosa capitá e mentora, Inés xa non estaba con nos, por motivos persoais xa non podía xogar, non podía coller a renda do equipo e buscar unha solución, pechábase una porta e coma sempre, abríase unha ventá, na tempada 03/04 o único equipo feminino do Concello de Boiro entraba a formar parte do Club Deportivo Boiro, por aquel entonces presidente o Sr. Ramón Hermo (Moncho Foelca) falaba ca representante do equipo, agora tocáballe a Milagros Fernández (mais coñecida como Mila), para comunicarlle que tanto os Socios, coma a Xunta Directiva encabezada polo seu presidente, estarían encantados de poder contar coa categoría feminina no club.


                A maioría das xogadoras que estabamos no Sporting de Lampón, contínuamos no C.D. Boiro e xunto con novas e importantes incorporacións, coma Verónica, Soraya, Aniña, Gorane, Angela, Fátima, Ana Outeiral, Carol Abad, Isabel, Patricia Dodro, Patricia Puebla, Eva, Anair, Nieves, Nicol, Gemma, Rebequiña, Ale e Carol as brasileñas e moitas mais, estivemos 8 anos continuados, conseguindo para o club grandes logros, como o da tempada 05/06 onde o C.D. Boiro Feminino acadou o Campionato de Fútbol e xogou a final do Play Off polo ascenso contra o Pontevedra C.F. (desa final naceu a Charanga do C.D. Boiro Feminino que nalgún momento daremos a coñecer se a súa autora Marta Pazos nos deixa), non se logrou o ascenso a Liga Nacional, pero iso non impediu que o equipo seguira ilusionado loitando en cada partido por deixar o nome de Boiro e do C.D. Boiro, o mais arriba posible.
                Na tempada 10/11 houbo un cambio na Presidencia e na Xunta Directiva do C.D. Boiro, e facendo uso do refraneiro popular “mais vale malo coñecido que bo por coñecer”, o equipo feminino unha vez mais, pero esta vez iniciada a tempada, foi informado polo novo Presidente, o Sr. David Places e a súa Xunta Directiva que decidiron expulsar ou votar o equipo do C.D. Boiro, claro que vendendo o favor de non dar o equipo de baixa na competición e autorizarnos a seguir participando na competición de Rexional Preferente Feminino co nome do C.D. Boiro sempre e cando as xogadoras se fixeran cargo de todos os gastos da competición e mantivésemos a boca pechada.        
                Os motivos desta decisión tan repentina: “o equipo feminino non aporta nada o C.D. Boiro”; clara demostración de que esta Xunta Directiva non coñecía nin se preocupou por coñecer os logros deportivos e o valor humano que ten o equipo feminino. Hoxe en día din que as xogadoras non acataron a disciplina deportiva do club, dentro duns meses veremos que motivo alegan. Pola nosa banda temos claro que o tempo pon a cada un no sitio que lle corresponde.
                A pesares de todas as dificultades vividas na tempada, coa directiva, pola falta de campo para adestrar, por ter que buscar a maneira de pagar os árbitros, autobuses, etc, o equipo, deportivamente conseguiu manter a competición de Rexional Preferente e coñeceu a grandes persoas, que colaboraron desinteresadamente e os que agradecemos de corazón a súa colaboración.

  S.D. VALIÑO-CABO CRUZ                                   ASTRIMAR S.L.                                        C.D. GALICIA BEALO 




Seguindo co refraneiro popular, “non hai mal que por ben non veña”, e de aí que o 01-Xuño-2011, naceu a Asociación Cultural, Recreativa e Deportiva Boiro (A.C.R.D. Boiro), para que as mulleres e nenas que queiran xogar o fútbol no Concello de Boiro, poidan facelo con toda liberdade.
                Na tempada 11/12  o equipo feminino que empezou sendo Sporting de Lampón e que continuou como C.D. Boiro, agora e sempre será A.C.R.D. Boiro, empezamos coa mesma ilusión que no ano 98 e co único obxectivo principal de facer amigos, empezamos na competición de Segunda Autonómica Galega porque o C.D. Boiro non quixo cedernos a competición de Rexional Preferente Feminina, as nosas cores son azul celeste e azul mariño e o obxectivo deportivo é o de acadar o ascenso a Rexional Preferente Feminino.
                Para rematar, anímovos a vir a Vista Alegre os domingos para vernos xogar e despídome de vos presentado a plantilla para a tempada 11/12 e ca frase que describe moi ben a historia deste equipo e da vida mesma:
Esta permitido caerse,
levantarse é obrigatorio