Fago un pequeno resumo da Xornada 4, xa que por motivos tecnicos non puidemos actualizar a semana pasada, dende aqui pedimos disculpas a todos os visitantes deste blog.
Xornada 5: At. Arousana C 1 ACRD Boiro...Villagarcia Domingo 16 as 16:30
Convocadas: Ana, Renata, Mila, Cathi, Sumay, Loly, Aniña, Adriana, Martina, Rebe, Sori, Melani, Marina, Niu, Laura e Eva.
Once Inicial: Ana, Mila, Cathi, Loly, Aniña, Rebe, Sori, Marina, Niu, Laura e Eva.
Cambios: Marina->Adriana, Niu->Melani, Loly->Sumay, Sori->Martina e Ana->Renata
Goles: Niu 3, Cathi 1, Loly 1, Laura 1 e Rebe 1.
Saltou o ACRD Boiro ao campo de Villagarcia, baixo unha boa tarde de domingo de futbol, cunha boa alineación forte e veterana, xa que o entrenador non se fiaba un pelo deste equipo, que a pesar de ser novo na categoría conta cunha boa historia e cun plantel de xogadoras...
Non acabou de encontrar o seu sitio no campo, xa que se notaba nerviosismo no ambiente, tanto co temor a perder uns puntos moi valiosos q afincaría ainda máis ao equipo na primeira plaza.
Transcurriron os minutos, e o ACRD Boiro apretaba e apretaba pero non conseguía o gol, ante un rival que non baixou os brazos en ningún momento...
Na metade da primeira parte abriu a lata cun gol de Niu de falta directa, a este gol seguironlle outro dela, un de Loli e outro de Marina a cal tivo que ser sustituida por molestias. O Arousana pola sua parte marcou de penalti o 1-4, resultado co que se chegaría ao descanso.
Na segunda parte xa dominada polo ACRD Boiro por completo, dedicarianse as xogadoras a facer un xogo bonito e a seguir aumentando a diferencia, chegarían os goles de Laura , Rebe e outro de Niu.
Chegamos ao final do partido cun contundente 1-7, ainda que o Arousana non baixou os brazo en ningún momento, o ACRD Boiro foi un moi grande rival para as rapazas de Villagarcia.
Con esta victoria, as rapazas do ACRD Boiro permanecen invictas no primeiro posto de esta categoria.
Este Domingo 23 as 18:00 recibimos en Vista Alegre ao Portonovo, animamos dende o blog aos socios e non socios a difrutar de unha boa tarde de domingo con bo futbol aportado polo ACRD Boiro.
Animo rapazas.......
Xornada 4: ACRD Boiro 4 Salcedo 0
3 novos puntos ante un moi bo rival, no que destacaremos a grande actuación da súa porteira, costoulle ao ACRD Boiro arrancar, pero unha vez enfilado o partido e gracias ao bo toque do equipo, os goles foron pouco a pouco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario