miércoles, 2 de noviembre de 2011

Xornada 7

Dia 30 de Novembro, as 16:30 en Beluso, ese era o día, hora e lugar do que seguramente fora a saída máis importante da primeira volta, Beluso 4º Clasificado con 11 puntos, e 0 derrotas na súa casa, esas eran as razóns polas que as chabalas do ACRD tiñan que ir concentradas a tope, para poder seguir mantendo esa pequena diferencia co Villalonga, segundo clasificado.

Ala se desprazaron as chabalas rumbo a Beluso e saltaron ao campo de futbol un tanto inquietas, unha das razons podía ser que a grada estaba a rebosar, e entre toda esa mareona encontrabanse uns cantos afeccionados do ACRD.

O partido comenzou e o ACRD non se acababa de adapatar e o partido non se decantaba hacia ningún equipo. O ACRD o pouco que intentaba dominar viuse parado de unha maneira un tanto extraña, xa que as xogadoras do Beluso estaban facendo un partido un pouco duro con entradas a destempo; e pola contra o arbitro parecía que non quería entrar ao xogo e dedicabase a deixar seguir o xogo.

Pero porfin a mediadas da primeira parte, Sori soupo aprobeitar a súa picardia e o despiste das contrarias e encaixou o primeiro gol de unha falta directa ao borde da area.

Logo bateu forte Eva duas veces, e fixo que as chabalas do ACRD se foran algo tranquilas a caseta de vestiarios.

A segunda parte máis do mesmo, entradas a destempo, unha grada que apretaba cada vez mais e un arbitro pesimo, fixo que a nosa capi Cathi saíra das súas casillas por defender ao seu equipo, e recibeu amarela, e acto seguido recibeu a segunda amarela sen saber moi ben a razón, o que estaba claro e que o ACRD se quedaba con 10 xogadoras, e durante uns cantos minutos con 9 xa que Laurita, logo de subir unha entrada dura tivo que ser atendida na banda.

Con 9 xogadoras marcouse o 0-4 por parte de Melani, asi o ACRD pudo poñerse un pouco tranquilo e dedicarse a tela posesion e aguantar, a pesar de todo as chavalas do Beluso non baixaron os brazos en ningun momento.


Convocadas: Ana, Renata, Mila, Cathi, Vi, Tembra, Adriana, Loly, Martina, Aniña, Rebe, Sori, Tami, Laura, Melani e Eva.
Once Inicial: Renata, Adriana, Mila, Aniña,Cathi, Loly, Rebe, Sori, Martina,  Laura e Eva.
Cambios: Adriana->Vi, Loly->Melani, Sori->Tembra
Goles: Eva 2, Sori 1 e Melani 1

Para a semana que ven o ACRD recibe en Vista Alegre, ao Umia, con importantes baixas por motivos persoais ou de traballo, pero seguramente que estas persoas estan ausentes en corpo pero non en mente, ANIMO RECRE......

No hay comentarios:

Publicar un comentario