Logo de duas xornadas con consecutivas victorias, a terceira non podía acaba mellor, victoria contundente ante o Union Dena por 1-12.
Domingo 2 de Outubro, tocanos xogar partido de maña que logo de haber xogado uns cantos durante a nosa etapa futbolistica non acabamos de adaptarnos moi ben a este horario, a saída estaba programada para as 9:30 da maña dende A Cachada, xa que o partido era as 12:00 en Dena.
As 12:00 saltaron sobre o terreo de xogo as xogadoras de ambos equipos, baixo un sol aplastante e unha maña excisabamente calurosa; por estes ou outros motivos as xogadoras do ACRD Boiro saltaron moi nerviosas ao campo, sen acabar de encontrar o seu lugar no campo, isto prolongouse ata case a metade do primeiro tempo, cando chegou o primeiro gol. Pero pronto as locales empataron o encontro logo dun erro defensivo
A partires disto o ACRD Boiro parece que se puxo comodo sobre o campo e empezou a xogar ao seu mellor futbol, e con isto chegaron as xogadas que deron lugar a grandes goles e ocasions. Chegouse ao descanso cun claro 1-5.
Na segunda parte máis do mesmo, ainda que o Unión Dena tivo algunhas boas ocasións que non supo aprobeitar. O partido acabaria cun 1-12 a favor do ACRD Boiro.
Convocatoria: Ana, Renata, Cathi, Sara Tembra, Victoria, Sara Sumay, Ramona, Adriana, Patri, Rebe, Martina, Melani,Vero, Laura, Niu e Eva.
Once titular: Ana, Cathi, Victoria, Ramona, Adriana, Rebe, Martina, Vero, Eva, Laura e Niu
Cambios: Ana->Renata, Ramona-> Sumay, Victoria->Sara Tembra, Eva->Melani, Rebe->Patri
Goles: Laura 4, Niu 3, Vero 2, Cathi 2 e Melani 1
Con esta terceira victoria consecutiva mantemos o noso posto de lideres en solitario con 9 puntos, perseguidos por At. Arousana e Villalonga con 6 puntos...
Este domingo 9 de Outbro no Campo de Vistalegre as 18:00 ACRD Boiro-Salcedo Femenino, invitamos a todos os visitantes deste blog así como a todos os socios e non socios a acompañarnos na vindeira tarde de domingo, un saúdo a todos e boa semana...
No hay comentarios:
Publicar un comentario