Bueno pois a falta de xogar o encontro aplazado contra o Bueu, xogamos o ultimo partido de esta ultima volta fora da nosa casa. O desplazamento era ao Grove, equipo colista por encima do Mondariz equipo que se dou de baixa na competicion, o Grove solo poseía os tres puntos da súa victoria contra o Mondariz.
Estes non eran motivos suficientes para se relajar, para nada, e ninguén pensou en unha victoria fácil, a veces o máis débil se volve o máis forte.
As xogadoras saltaron ao campo na maña do domingo 20 a eso das 12 da maña, en un campo con bastante afección cousa que poñía algo nerviosas ao equipo. Esta teoría desmantelouse pouco a pouco asique empezaron a caer os goles, chegaríase ao descanso cun claro 0-10, o cal puido ser mais abultado e rematariamos o partido cun 0-18.
Para a semana tocaría xogar o encontro contra o Mondariz, pero como este equipo se dou de baixa na competición as xogadoras descansarán, e para a seguinte semana tamén, xa que ata o fin de semana do 10-11 de decembro non comenza a segunda volta.
Antes deste comenzo o 6 de decembro as 12 da maña en Vista Alegre, o ACRD xogara o partido aprazado contra o Bueu.
No hay comentarios:
Publicar un comentario