lunes, 7 de noviembre de 2011

Xornada 8

Xornada 8 de segunda preferente grupo 3, Vista Alegre 18:00, saltan ao campo ACRD Boiro e Umia CF, o ACRD con bastante baixas importantes pero cun 11 titular dispostos a seguir conseguindo victorias, cunha media de edade no 11 titular "que facia tempo que non se via", según algunha veterana do equipo.

Parecía unha boa tarde para practicar futbol, pero acabouse convertindo nunha noite de moito frio, o Umia viña disposto a todo sen nada que perder, e o ACRD a seguir para completar a primeira volta sen derrotas. Empezou dominando o ACRD con bastante claridade, ainda que o Umia en ningun momento se veu abaixo...Pero era visto que os goles empezaria a caer, e asi foi...Empezou Marina, e debeu de ser o baile que se marcou no vestiario, que foi ela a encargada de que o ACRD se fora as casetas cun claro 3-0 que puido ser mais amplio pero as chabalas non souperon rematar.....

Na segunda parte mais do mesmo, Sori de falta, como non, puxo o 4-0, logo veu Laura para no variar  impoñendo o 5-0,e o 6-0 puxo Aniña que ultimamente esta moi acertada co gol, tamén se estreou Tembra poñendo o 7-0, e por ultimo pegou Marina para aumentar a sua conta persoal, chegando asi ao final do partido e ao 8-0 definitivo.

Dende o blog felicitar ao Umia polo seu saber estar e non perder os papeles no campo, e ante todo reinou a deportividade, e dende aqui animamolas a seguir loitando, porque a pesar de levar solo 3 meses entrenando demostraron que teñen moito polo que loitar...

Como non tamen felicitar as chabalas do ACRD, pola sua oitava victoria consecutiva, e damoslle un forte animo para seguir loitando esas victorias tan traballadas..

Esta semana repetimos en Vista Alegre as 18:00 recibimos ao Bueu...VAMOS RECRE!!!!!!!!


Convocadas:  Renata, Mila, Tembra, Ramona, Patri, Sumay, Adriana,  Martina, Aniña, Sori, Marina, Tami, Laura, Melani, Eva e Niu.

Once Inicial: Renata, Adriana, Mila, Aniña,Sumay, Martina, Sori, Marina, Melani,  Laura e Eva.

Cambios: Adriana->Ramona, Adriana->Patri, Marina->Tembra, Eva->Niu, Melani->Tami

Goles: Marina 4, Sori 1, Aniña 1, Tembra 1 e Laura 1.

No hay comentarios:

Publicar un comentario