I Campus Vero Boquete (Santiago 27 a 29 de decembro 2011)


Nos días 27, 28 e 29 de Dicembro terá lugar o meu primeiro campus de fútbol en Santiago de Compostela.
Dirixido a rapazas e rapaces de entre 6 e 16 anos cos que se desenvolverán os fundamentos técnico-tácticos do fútbol, tanto colectivos como individuais, nun marco inmellorable de amizade e compañeirismo. Ademais, a actividade principal está acompañada doutras modalidades deportivas nunha xornada de ocio e tempo libre. Contaremos con técnicos titulados e con experiencia, tamén coa visita e colaboración de xogadores/as profisionais (Dépor, Celta, Autos Lobelle, Ponte Ourense, ...), adestradores e preparadores físicos coñecidos.
Existe a opción de aloxamento para os nenos e nenas que queran vir desde fóra de Santiago ou Galicia.
Máis información e folla de inscripción (PDF) en www.veroboquete.com
Tamén en campusveroboquete@gmail.com ou nos teléfonos 629423964-669050225.

No hay comentarios:
Publicar un comentario