lunes, 21 de octubre de 2013

Xornada 3


Esta terceira xornada de liga nos tocaba disputar o tan esperado e ansioso derbi, este ano único xa que o Portosín non competirá este ano con nos, e non poderemos disfrutar dos dous derbis, como o levamos facendo estes  anos atrás.
                Saltaban ao campo ambos equipos, baixo unha tarde nubrada e chuviosa, aínda que isto non foi motivo para que tiveramos unha boa asistencia de afeccionados ao campo. Ambos equipos con baixas importantes. Os dous equipos saíron metidos 100% no partido, dispostos a levarse o derbi o antes posible.
                Durante os primeiros compases do partido o dominio estibo divido, con ocasións para ambos equipos e posesión de balón pero sen acerto cara a portería.  Contra o final da primeira parte o ACRD apertaba un pouco mais, quería coller vantaxe antes do descanso. De tal maneira que conseguiu un penalti a favor. Tiñamos unha gran ocasión para adiantarnos no marcador, pero a sorte non estaría de parte do noso lado, e a porteira rival detería o penalti botado por Eva. Con táboas no marcador iriamos ao descanso.
                Comezaba a segunda parte. Aquí comezaba forte o Aguiño, con bastantes ocasións, mentres o ACRD intentábase meter no partido, tiveron que pasar uns 15 min. para que o fixeran. A partires de aquí as nosas xogadoras estaban decididas a levarse o partido. Apertaron fortemente de tal maneira, que Eva conseguiu o gol que nos daba a vantaxe.
                Os minutos seguían pasando, e a vantaxe no marcador era nosa, pero o Aguiño non dou por perdido o partido en ningún momento e seguiu apertando cada vez mais e mais, de tal maneira que o noso equipo se estaba metendo atrás e apenas tiña ocasións de saír. Foron varias as ocasións que tivo o equipo visitante, pero non as supo finalizar. Ata que porfin chegou a ocasión que non podían fallar se non querían que o partido se lle escapara. Un centro dende a banda dereita onde a dianteira remata sen piedade e a solas contra a porteira, que esta tocou pero ca potencia que levaba acabou no fondo da rede. Isto poñía as táboas outra vez no marcador. Tivo ocasións o Aguiño pare levarse o partido nestes últimos compases do partido pero a sorte non estibo do seu lado.
                Parece que facía falta que o Aguiño marcase para que as xogadoras do ACRD espertaran outra vez, xa que logo do gol das rivais e durante os últimos 5 min. do partido e desconto, as xogadoras a apertaron con varios disparos a portería, pero ningún remataría no fondo da rede e o tempo de xogo remataría.
                Con este empate 1-1 finalizaría o derbi, con un pequeno mal sabor de boca, pero pensando en que a derrota rozou os paus da nosa portería.
                Agora xa toca pensar no seguinte encontro, que nos levará a terras lucenses outra vez, o Domingo 27 as 16:30 en Monforte de Lemos, Monte Forte – ACRD Boiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario