Segunda xornada de liga, onde xogabamos o noso primeiro partido moi lonxe da nosa casa, desprazabanos a Lugo, a xogar contra a Milagrosa, o cal viña de ganarlle ao Val de Ulla por 1-3. Nos polo contrario viñamos de perder, unha derrota un tanto excesiva, contra O Val por 1-5.
Logo de duas largas horas de camiño, chegabamos a Lugo a eso das 18:00 da tarde, xa que o partido estaba posto para as 19:00, un pouco fora de horario para o noso gusto.
Saltaron ao campo as 22 xogadoras, baixo unha tarde de domingo chuviosa e onde apretaba un pouco o frío. As nosas xogadoras saltaron ao campo a por todas, dispostas a levarse o 3 puntos para Boiro. O partido comenzou intenso, xa que o Milagrosa non o ía a poñer nada fácil.
Os minutos pasaban e as ocasións sucedíanse, na primeira media hora o noso equipo apretaba, tanto que chegou o primeiro gol feito por Menaly, que poñía o 0-1. No ultimo cuarto de hora desta primeira parte o Milagrosa apretou duramente, pero non dou conseguido o empate. Iriamos ao descanso cun resultado moi xusto 0-1.
Comenzaba a segunda parte, e o Milagrosa seguía na sua liña apretando e creando ocasións. Pola nosa parte nos dedicabamos a defender e sacar balóns. Pero esto comenzou a cambiar aos 15 min. que foron os que nos costou meternos no partido. A partires d aqui as cousas foron máis igualadas, de feito en unha das poucas ocasións que tibemos, aprobeitamola e marcamos o 0-2, outra vez marcado por Melany.
A partires destes momentos o Milagrosa comenzou a apretar ainda mais. De feito reduciu distancias facendo o 1-2. Este gol ainda lle dou mais confianza as rivais e seguiron intentando, pero en un contragolpe noso fixemos o difinitivo 1-3, que nos daba mais seguridade para poder rematar ben o partido.
Final do partido, 3 primeiros puntiños a sumar. O peor de esto e que nos quedaban 2 largas horas de viaxe, que se fixeron un pouquiño mais levadeiras con esta victoria.
Para a semana toca derbi, ante un dos grandes. Este domingo 20, as 16:30 en Vista Alegre, ACRD Boiro - Xuventude Aguiño. Esperemos que sea un bo partido digno de ver e animamos a todos os socios e seguidores a acercarse ao campo...
No hay comentarios:
Publicar un comentario