Comenzamos a esperada e ansiosa liga, logo de un longo parón de xerán. Esta primeira xornada comenzariamos como locales, estreando o reformado Vista Alegre. O domingo presentabase moi soleado e caluroso para recibir a un dos grandes, ao Val.
As xogadoras saltaron ao campo a eso das 16:30, para terminar cunha primeira parte na que nada se decidiu, e foronse ao descanso cun 0-0.
Na segunda parte, foi a segunda parte dos goles, xa que aqui ainda que ambos equipos disputaron de ocasións, a balanza decantouse cara o equipo Ferrolán. Empezarian adiantandose no marcador, ata chegar ao 0-2, que lle daba certa tranquilidade. Pero logo o ACRD subiu un tanto moi importante ao marcador, q facia o 1-2. Pouco lle duraría a alegría ao equipo local, xa que en apenas uns minutos o Val facia o 1-3.
Seguían os minutos e as ocasións sucedeianse, pero o ACRD non encontraba porta, polo contraria o Val si, xa que batería duas veces, matando o partido e poñendo o 1-5 final.
O resultado pode parecer algo engañoso, xa que as nosas rapazas non merecían unha derrota tan amplia.
Agora toca despexar a cabeza e concentrarse xa no seguinte partido, o cal nos levará a Lugo, a enfrontarnos ao Milagrosa, o cal esta xornada fixo os deberes e venceu a domicilio ao Val de Ulla por 1-3. Falta día e hora por concretar, que anunciaremos en breves nas nosas redes sociales e blog.
No hay comentarios:
Publicar un comentario