Esta terceira xornada de liga nos tocaba disputar o tan esperado e ansioso
derbi, este ano único xa que o Portosín non competirá este ano con nos, e non
poderemos disfrutar dos dous derbis, como o levamos facendo estes anos
atrás.
Saltaban ao campo ambos equipos, baixo unha tarde nubrada e chuviosa, aínda que
isto non foi motivo para que tiveramos unha boa asistencia de afeccionados ao
campo. Ambos equipos con baixas importantes. Os dous equipos saíron metidos
100% no partido, dispostos a levarse o derbi o antes posible.
Durante os primeiros compases do partido o dominio estibo divido, con ocasións
para ambos equipos e posesión de balón pero sen acerto cara a portería.
Contra o final da primeira parte o ACRD apertaba un pouco mais, quería coller
vantaxe antes do descanso. De tal maneira que conseguiu un penalti a favor.
Tiñamos unha gran ocasión para adiantarnos no marcador, pero a sorte non
estaría de parte do noso lado, e a porteira rival detería o penalti botado por
Eva. Con táboas no marcador iriamos ao descanso.
Comezaba a segunda parte. Aquí comezaba forte o Aguiño, con bastantes ocasións,
mentres o ACRD intentábase meter no partido, tiveron que pasar uns 15 min. para
que o fixeran. A partires de aquí as nosas xogadoras estaban decididas a
levarse o partido. Apertaron fortemente de tal maneira, que Eva conseguiu o gol
que nos daba a vantaxe.
Os minutos seguían pasando, e a vantaxe no marcador era nosa, pero o Aguiño non
dou por perdido o partido en ningún momento e seguiu apertando cada vez mais e
mais, de tal maneira que o noso equipo se estaba metendo atrás e apenas tiña
ocasións de saír. Foron varias as ocasións que tivo o equipo visitante, pero
non as supo finalizar. Ata que porfin chegou a ocasión que non podían fallar se
non querían que o partido se lle escapara. Un centro dende a banda dereita onde
a dianteira remata sen piedade e a solas contra a porteira, que esta tocou pero
ca potencia que levaba acabou no fondo da rede. Isto poñía as táboas outra vez
no marcador. Tivo ocasións o Aguiño pare levarse o partido nestes últimos
compases do partido pero a sorte non estibo do seu lado.
Parece que facía falta que o Aguiño marcase para que as xogadoras do ACRD
espertaran outra vez, xa que logo do gol das rivais e durante os últimos 5 min.
do partido e desconto, as xogadoras a apertaron con varios disparos a portería,
pero ningún remataría no fondo da rede e o tempo de xogo remataría.
Con este empate 1-1 finalizaría o derbi, con un pequeno mal sabor de boca, pero
pensando en que a derrota rozou os paus da nosa portería.
Agora xa toca pensar no seguinte encontro, que nos levará a terras lucenses
outra vez, o Domingo 27 as 16:30 en Monforte de Lemos, Monte Forte – ACRD
Boiro.