lunes, 10 de diciembre de 2012

Xornada 14

Penultima Xornada antes do parón de Nadal, sabiamos que tiñamos que facernos cos 3 puntos de esta semana para poder seguir nese terceiro posto, claro estaba que solo dependiamos de nos para seguir ahi arriba. O partido que nos tocaba disputar, era dificil e sabiamolo, polo que fomos con todo a disputar o ansioso derbi, Xuventude Aguiño-ACRD Boiro.

Por petición do aguiño, o partido disputouse o sabado as 18:00 en Aguiño. A esa hora saltaron ao campo ambos equipos con todo e a por todo. Esperabase un partido moi igualado e con moito ritmo, e así foi, xa que dende o minuto 0 ata o 90, os dous equipos estiberon a tope.

A posesión do balón dividiuse entre os dous equipos, dos cales o ACRD dispuxo de mais ocasións de gol, ca o Aguiño, pero este non paraba de crear xogadas con moito perigo.

O partido era intenso pero sen goles, o Aguiño dispuso dunha boa ocasión, na que o balón se escapou por encima do largueiro, pero que moitas xogadoras e espectadores pensaron que fora dentro. Aos poucos minutos, tibemos unha boa ocasión onde Melany fusilou a porteira do Aguiño, para facer o 0-1. Con este resultado iriamonos ao descanso.

Na segunda parte mais do mesmo, partido intenso, con ocasións para ambos equipos, ainda que o Aguiño non acababa de ver porteria, non foi polas veces que o intentou, pero a nosa defensa era case insuperable, ben colocadas e moi fortes.

O ACRD tamén disputaria de algunha ocasión mais, pero o marcador non se movería, polo tanto chegariamos con 0-1 ao final do partido, onde nos traeriamos os 3 puntiños para a casa.

Para a semana toca rival moi dificil, que ven de gañar ao Villestro, primeiro clasificado. ACRD Boiro-O Val, as 16:00 en Vista Alegre, ultimo partido antes  do paron de Nadal... a por todass..

No hay comentarios:

Publicar un comentario