martes, 15 de enero de 2013

Xornada 15

Voltaba o futbol, logo de unhas longas vacacións de Nadal, e voltaba como non, con un grande encontro entre o terceiro e o cuarto clasificado, SD Orzán-ACRD Boiro, no dificil campo da torre.

Alá se desplazaban as nosas rapazas para afrontar o encontro cheas de enerxía e como non de ilusión por manter ese terceiro posto. Esperabanos un campo moi dificil, cun día pouco propio para o futbol, choiva e vento.

Saltaron as xogadoras ao terreo de xogo, que se encontraba moi rápido pola choiva caída, e si era pouco aos pouco minutos de comenzar o encontro caeu unha boa trompa que fixo que o campo se convertira nunha autentica piscina.

Os dous equipos comenzaron facendo un xogo a metade de campo, pero pouco tardou o Orzán en tomar o contro do partido, en facer futbol de toque. O ACRD dedicabase a defender estes ataques e aproveitar as contras. O Orzán seguía co seu ataque particular pero non definía. O ACRD apenas tiña ocasións, xa que a parte de que o control do partido o tiña o Orzán, o vento soplaba en contra.

A 10 min. do final, e co partido co mesmo ritmo, o ACRD dispuxo da única ocasión da primeira parte, e Mela non perdou. Puso o 0-1 que nos daba a mínima vantaxe. Antes do descanso o Orzán dispuso de un par de ocasión que non supo finalizar.

Comenzaba a segunda parte, onde agora a vantaxe tiñamola nos, tanto polo resultado como que tiñamos o vento a favor. Pero o Orzán sairía a por todas, tendo un par de moi boas ocasions nos primeiros minutos. 

Nos seguintes compases do partido, o ACRD empezaba a entrar no partido, a facer un pouco de futbol, e con este futbol as ocasións. Nestas ocasións chegaría o 0-2, feito por Laurita en un centro de Marina e logo dun barullo na area; o ACRD finiquitaba o partido, pero non se fiaba.

O Orzán fixo os cambios pertinentes e sacou ao escuadrón, creando moito peligro, e o ACRD volvía a defender e aproveitar algunha contra.

Pouco a pouco foron pasando os minutos, e o Orzán quedabase sen tempo e sen forzas. Chegariamos ao final do partido co 0-2.

3 puntiños que se viñan para a casa, e que nos fan agarrarnos fortemente ao terceiro posto. Para a semana toca descanso, asique a disfrutarlo que o tendes merecido e a coller forzas pa o próximo encontro que será o 27 de Xaneiro en Vilagarcía, At. Arousana-ACRD Boiro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario