jueves, 6 de diciembre de 2012

Xornada 12

Daba comenzo a xornada 12, e tocaba o enfrontamento ante o Milagrosa, onde o partido de ida rematara 2-6, resultado do que non nos podíamos fiar para nada, xa que os últimos resultados do Milagrosa foran un pouco extraños.

Comenzaba o partido en Vista Alegre, en unh tarde de domingo fría. Coma de costume os primeiros compases de partido era un xogo divido, onde as xogadoras se intentaban asentar no partido, e o balón intentaba buscar dono.

Pasado os 10 minutos de partido, o ACRD comenzou a facerse co dominio do partido, comenzando a xogar como lle gusta, a tocar o balón  e ter a posesión e control do partido. O Milagrosa intentabao pero non conseguía nada productivo.

Comenzaba a presión do ACRD e con esta as ocasións para o noso equipo. Na metade desta primeira parte, Aniña de falta directa faría o 1-0, cun golazo. Continuaria o partido e o ACRD quería mais, e asegurarse o partido o antes posible, polo tanto minutos despois outra vez Aniña faria o 2-0.

Xa se contaba con este resultado para o descanso, pero nos ultimos minutos de esta primeira parte, fariamos o decisivo 3-0, co cal nos iriamos ao descanso cun dominito casi total do partido.

A segunda parte comenzaría da mesma maneira, pero o ACRD comenzaría a relaxarse pouco a pouco, cousa que aproveitarái o Milagrosa para empezar ter ocasións con peligro. Esta segunda parte xa nn teríamos tanto dominio, e o Milagrosa comenzaría a xogar un pouco mais pero sen acerto.

O ACRD tamén tería as súas oportunidades, pero non tantas coma na primeira. Pero nunha de estas aproveitaría para facer o definitivo 4-0, co cal o marcador non se movería ata o pitido final do partido.

Este sábado esperanos un rival dificil, toca o derbi Aguiño-ACRD Boiro, en Aguiño as 18:00, seguro que será un bo partido digno de ver.

No hay comentarios:

Publicar un comentario