lunes, 22 de octubre de 2012

Xornada 6

Comenzaba a Xornada 6, onde nos esperaba un partido dificil, pero na casa, este partido era o ACRD Boiro-Orzán, que comenzaría a eso das 16:30 da tarde de domingo. Lodo de duas derrotas consecutivas, o equipo necesitaba gañar algun puntiño para levantar o animo, cousa que sería algo complicado xa que tiñamos un rival forte.

As nosas xogadoras sairon centradas no partido, e pensando en que se quedara algun punto na casa, pola súa parte o Orzán, viase que sabía o que facía e que non viña a perder ningún punto. O Orzán tiña a posesion e pola contra o ACRD dedicabase a intentar ter un pouco mais o balón e aproveitar as contras.

Parecía que o Orzán tiña o control do partido, pero a nosas non ian dar nada regalado e empezaron a espabilar. Logo de mais de media parte parecia q o partido se empezaba a estabilizar e que as nosas empezaban a demostrar o que mellor saben facer, xogar ao futbol.

A primeira parte repartiuse a posesion, como tamén se repartiron as ocasions. Esto fixo que se fora para o descanso cun 0-0, e que deixaba un partido moi aberto de cara o segundo tempo.

Logo das conversas con ambos entrenadores, os dous equipos sairón a disputar a segunda parte, e a levarse o encontro. O noso equipo saiu mais forte, xa que disputou de algunha ocasións mais que o rival, como tamén tiñamos o control do partido.

A eso de uns minutos que pasaban da metadade da segunda parte, Eva non desperdiciou unha boa oportunidade e puso o 1-0 no marcador. Ainda quedaba moito tempo e as nosas xogadoras non podian baixar os brazos, xa que as visitantes non o fixeron e empezaron a apretar mais forte.

Pola contra dispuxemos de un par de ocasions mais que non soupemos aprobeitar.O Orzán dispuso de unha ocasion moi boa en un corner, ala polo minuto 80, que non desaprobeitou e puso as tablas no marcador.

Esto fixo que empezaran a apretar mais, xa que con este gol se creceron e esteban decididas a levarse o partido. Pola nosa parte parecia que non davamos saido e nos dedicamos a aguantar o partido. Contra os compases finais do partido tivemos algunha ocasión xa que o partido volveu a estabilizarse, pero non subiria ningun gol mais ao marcador por parte de ningún equipo.

Un puntiño que nos da aire e nos axuda a levantar a moral. Este fin de semana toca descasar. Sorte para todos os equipos que si teñan encontros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario