lunes, 1 de octubre de 2012

Terceira Xornada

Terceira Xornada da Primeira Division Galega Grupo 1, que nos obligaba a desprazarnos a Lugo, para disputar o partido SCD Milagrosa-ACRD Boiro. Rival recén ascendido, que ainda non puntuara nesta liga, dous motivo máis que suficientes para que o rival viñera a por todas, o cal implicaba que o ACRD fixera o mesmo pola súa parte.

Partido baixo unha tarde de domingo soleada. Os dous equipos sairon ao terreo de xogo a eso das 17:00. Como era visto o Milagrosa saiu a tope, a presionar as nosas centrales e a conseguir roubos. Con esta actitude aos 10 min. o Milagrosa conseguiu o 1-0. Esto parece que fixo que as nosas xogadoras se puxeran as pilas e empezaran a xogar ao bo futbol, empezaron a tocar o balón dende as lineas máis atrasadas para sair co balón controlado e intentar xogadas de gol. Pouco lle durou a alegría ao Milagrosa xa que un pouco antes do minuto 20 o ACRD conseguía o empate.

A partires de aquí a posesión decantouse do noso lado, xa que empezamos a tocar como nos sabemos para facer boas xogadas de ataque, o que fixo que as ocasións se sucederan e pouco despois conseguimos o 1-2. A partires de aqui as ocasións repetironse conseguindo o 1-3, que nos levaría ao descanso. O resultado puido ser máis amplio pero as nosas xogadoras non souperon aprobeitar as ocasións.

Comenzaba a segunda parte, e o Milagrosa saiu identico ca na primeira parte, a apretar e roubar balóns, o que outra vez lle valeu para recortar distancias e facer o 2-3. Tiberon un par de ocasións máis pero con pouco perigo. A partires de aquí o ACRD empezou a pretar e pronto foi aumentando a diferencia ata conseguir o 2-6 final.

Con esta victoria, o empate ante o Portosin e a derrota co Villestro, sumamos 4 puntos que nos fan colocarnos cuartas na liga.

A próxima xornada esperanos o derbi, en Vista Alegre as 16:30 ACRD Boiro-Xuventude Aguiño...dende aquín animaos a todos os nosos seguidores a que nos veña a animar en esta tarde de domingo, xa que se nos presenta un partido moi dificil, e con bo futbol para os asistendes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario