martes, 9 de octubre de 2012

Xornada 4

Comenzaba a xornada 4 cunha clásico para o ACRD, o derbi contra o Xuventude Aguiño, vellas conocidas entre ambos equipos, motivo polo cal nos enfrontavamos a un rival moi forte, o que implicaba sair a tope dende o minuto 0.

O partido comenzou a eso das 4:30 da tarde. Os dous equipos sairon a tope, mantendo unha posesión igualada entre os dous equipos. As primeiras ocasións foron para o noso equipo, pero perdeoamos demasiado en todas as nosas ocasións que foron unhas cantas. Unha destas xogadas foi acertada e marcamos gol, para nós en posición correcta, pero opinión que non compartiu o colexiado e que anulou o gol.

Pola súa contra o Aguiño non o faría e comenzou a ter ocasións en varios despistes da nosa defensa, estas ocasión acabaron en goles. Un detrás do outro, e puideron ser maís. Con estas ocasións que tiveron armaría o 0-3, sorprendente resultado pero certo.

Con este resultado chegariase ao final da primeira parte. Onde as nosas xogadoras ainda non acabavan de asimilar o resultado tan abultado que se produzco nos primeiros 45 minutos. Sabían que estaba moi costa arriba, pero que nada era imposible.

Iniciouse a segunda parte. Cas locales saindo a por todas e non dando o partido por perdido en ningun momento. Tanto a posesión coma as ocasións eran do ACRD, pero o gol non acababa de aparecer. E así foi toda a segunda parte. O aguiño tivo un par de ocasións pero sen moito peligro, e limitavase a aguantar o resultado.

Pasaron os minutos e chegamos ao final da segunda parte co 0-3. Derrota dura, xa que pensabamos que non mereciamos unha derrota así. Agora toca levantar a cabeza e ser fortes para afrontar o próximo partido o cal nos leva a un campo e rival dificil, O Val. Temos que sair a por todas e a traernos os 3 puntos para a casa. Non nos vale nin a derrota nin o empate. Vamos a pola victoria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario