lunes, 22 de octubre de 2012

Xornada 6

Comenzaba a Xornada 6, onde nos esperaba un partido dificil, pero na casa, este partido era o ACRD Boiro-Orzán, que comenzaría a eso das 16:30 da tarde de domingo. Lodo de duas derrotas consecutivas, o equipo necesitaba gañar algun puntiño para levantar o animo, cousa que sería algo complicado xa que tiñamos un rival forte.

As nosas xogadoras sairon centradas no partido, e pensando en que se quedara algun punto na casa, pola súa parte o Orzán, viase que sabía o que facía e que non viña a perder ningún punto. O Orzán tiña a posesion e pola contra o ACRD dedicabase a intentar ter un pouco mais o balón e aproveitar as contras.

Parecía que o Orzán tiña o control do partido, pero a nosas non ian dar nada regalado e empezaron a espabilar. Logo de mais de media parte parecia q o partido se empezaba a estabilizar e que as nosas empezaban a demostrar o que mellor saben facer, xogar ao futbol.

A primeira parte repartiuse a posesion, como tamén se repartiron as ocasions. Esto fixo que se fora para o descanso cun 0-0, e que deixaba un partido moi aberto de cara o segundo tempo.

Logo das conversas con ambos entrenadores, os dous equipos sairón a disputar a segunda parte, e a levarse o encontro. O noso equipo saiu mais forte, xa que disputou de algunha ocasións mais que o rival, como tamén tiñamos o control do partido.

A eso de uns minutos que pasaban da metadade da segunda parte, Eva non desperdiciou unha boa oportunidade e puso o 1-0 no marcador. Ainda quedaba moito tempo e as nosas xogadoras non podian baixar os brazos, xa que as visitantes non o fixeron e empezaron a apretar mais forte.

Pola contra dispuxemos de un par de ocasions mais que non soupemos aprobeitar.O Orzán dispuso de unha ocasion moi boa en un corner, ala polo minuto 80, que non desaprobeitou e puso as tablas no marcador.

Esto fixo que empezaran a apretar mais, xa que con este gol se creceron e esteban decididas a levarse o partido. Pola nosa parte parecia que non davamos saido e nos dedicamos a aguantar o partido. Contra os compases finais do partido tivemos algunha ocasión xa que o partido volveu a estabilizarse, pero non subiria ningun gol mais ao marcador por parte de ningún equipo.

Un puntiño que nos da aire e nos axuda a levantar a moral. Este fin de semana toca descasar. Sorte para todos os equipos que si teñan encontros.

lunes, 15 de octubre de 2012

Xornada 5

Arrancabamos ca Xornada 5, e como non tocaba partido dificl logo da derrota encaixada ante o Aguiño. Non poidiamos desperdiciar  ningún punto mái nin cometer mais erros. Esta xornada levabanos a Ferrol, ante un grande O Val.

Ali sairon ao campo as nosas rapazas, baixo o mando de Chopo (entrenador de porteiras), xa que o noso antigo entrenador decidiu non seguir connosco. Notabase que queriamos levar o partido, xa que empezamos forte, plantando cara ao rival que tiñanos enfronte. As ocasións sucederonse asi como a posesión de balón. Mentre nos non tiñamos unha boa definición e non encontrambamos porteria, pola contra o rival si que o facía con xogadas moi perigosas.

Mentres o noso equipo seguía desperdiciando ocasións, O Val non o facía e nunha xogada con moito perigo marcounos o 1-0. O partido seguía o mesmo planteamento que ao principio, cos dous equipos apretando.

O Val a intentar conseguir un resultado seguro antes do descanso, e o ACRD a intentar marcar un goliño que devolvera as tablas ao marcador. Entre ocasións, posesión e tiros, o Val conseguía o 2-0 a escasos minutos do final, cun gran golazo dunha das súas xogadoras.

Con este resultado foise o descanso, destacar que o ACRD para nada tirou a toalla nin en nigún momento dou o partido por perdido, unha boa actitude para aplicar a todos os partidos complicados.

Comenzaba a segunda parte, parecía que o Val se relaxaba un pouco, pero viase claramente que non lle valía o resultado e que querían mais, pola nosa parte as xogadoras sairon bastante motivadas e seguían na liña da primeira parte. De esta vez tivemos xa mais ocasións de cara a portería, pero que non acabavamos de finalizar.

Mentre intentavamos marcar un gol que nos devolvera ao partido, o Val pega o estacazo e pon o 3-0, resultado dificil, pero que non implicaría que as nosas xogadoras seguiran ca mesma actitude. De tanto intentalo porfin chegou o gol que acortaba as distancias a un 3-1.

Quedaba xa pouco tempo, no que tibemos varias ocasións que non suipemos finalizar. Pola súa parte o Val dispuso dun penalti para rematar o partido, pero que a nosa porteira estibo acertada e parou.

A partires de esto xa non houbo tempo para mais e o arbitro pitou  o final do partido. No que o resultado queda cun 3-1, que implica a segunda derrota consecutiva do noso equipo.

Agora toca ser fortes, e mirar xa o proximo partido, tamén contra un rival moi dificl. Este domingo en Vista Alegre ACRD Boiro-SD Orzán...

martes, 9 de octubre de 2012

Xornada 4

Comenzaba a xornada 4 cunha clásico para o ACRD, o derbi contra o Xuventude Aguiño, vellas conocidas entre ambos equipos, motivo polo cal nos enfrontavamos a un rival moi forte, o que implicaba sair a tope dende o minuto 0.

O partido comenzou a eso das 4:30 da tarde. Os dous equipos sairon a tope, mantendo unha posesión igualada entre os dous equipos. As primeiras ocasións foron para o noso equipo, pero perdeoamos demasiado en todas as nosas ocasións que foron unhas cantas. Unha destas xogadas foi acertada e marcamos gol, para nós en posición correcta, pero opinión que non compartiu o colexiado e que anulou o gol.

Pola súa contra o Aguiño non o faría e comenzou a ter ocasións en varios despistes da nosa defensa, estas ocasión acabaron en goles. Un detrás do outro, e puideron ser maís. Con estas ocasións que tiveron armaría o 0-3, sorprendente resultado pero certo.

Con este resultado chegariase ao final da primeira parte. Onde as nosas xogadoras ainda non acabavan de asimilar o resultado tan abultado que se produzco nos primeiros 45 minutos. Sabían que estaba moi costa arriba, pero que nada era imposible.

Iniciouse a segunda parte. Cas locales saindo a por todas e non dando o partido por perdido en ningun momento. Tanto a posesión coma as ocasións eran do ACRD, pero o gol non acababa de aparecer. E así foi toda a segunda parte. O aguiño tivo un par de ocasións pero sen moito peligro, e limitavase a aguantar o resultado.

Pasaron os minutos e chegamos ao final da segunda parte co 0-3. Derrota dura, xa que pensabamos que non mereciamos unha derrota así. Agora toca levantar a cabeza e ser fortes para afrontar o próximo partido o cal nos leva a un campo e rival dificil, O Val. Temos que sair a por todas e a traernos os 3 puntos para a casa. Non nos vale nin a derrota nin o empate. Vamos a pola victoria.

lunes, 1 de octubre de 2012

Terceira Xornada

Terceira Xornada da Primeira Division Galega Grupo 1, que nos obligaba a desprazarnos a Lugo, para disputar o partido SCD Milagrosa-ACRD Boiro. Rival recén ascendido, que ainda non puntuara nesta liga, dous motivo máis que suficientes para que o rival viñera a por todas, o cal implicaba que o ACRD fixera o mesmo pola súa parte.

Partido baixo unha tarde de domingo soleada. Os dous equipos sairon ao terreo de xogo a eso das 17:00. Como era visto o Milagrosa saiu a tope, a presionar as nosas centrales e a conseguir roubos. Con esta actitude aos 10 min. o Milagrosa conseguiu o 1-0. Esto parece que fixo que as nosas xogadoras se puxeran as pilas e empezaran a xogar ao bo futbol, empezaron a tocar o balón dende as lineas máis atrasadas para sair co balón controlado e intentar xogadas de gol. Pouco lle durou a alegría ao Milagrosa xa que un pouco antes do minuto 20 o ACRD conseguía o empate.

A partires de aquí a posesión decantouse do noso lado, xa que empezamos a tocar como nos sabemos para facer boas xogadas de ataque, o que fixo que as ocasións se sucederan e pouco despois conseguimos o 1-2. A partires de aqui as ocasións repetironse conseguindo o 1-3, que nos levaría ao descanso. O resultado puido ser máis amplio pero as nosas xogadoras non souperon aprobeitar as ocasións.

Comenzaba a segunda parte, e o Milagrosa saiu identico ca na primeira parte, a apretar e roubar balóns, o que outra vez lle valeu para recortar distancias e facer o 2-3. Tiberon un par de ocasións máis pero con pouco perigo. A partires de aquí o ACRD empezou a pretar e pronto foi aumentando a diferencia ata conseguir o 2-6 final.

Con esta victoria, o empate ante o Portosin e a derrota co Villestro, sumamos 4 puntos que nos fan colocarnos cuartas na liga.

A próxima xornada esperanos o derbi, en Vista Alegre as 16:30 ACRD Boiro-Xuventude Aguiño...dende aquín animaos a todos os nosos seguidores a que nos veña a animar en esta tarde de domingo, xa que se nos presenta un partido moi dificil, e con bo futbol para os asistendes.