martes, 20 de noviembre de 2012

Xornada 10

Comenzabamos a segunda volta de liga, co noso equipo ocupando a 3ª posición, e cun partido para abrir esta segunda volta, bastane complicado. Como non tocaba o derbi ante o Portosín no seu campo, o cal sumaba o doble de dificultade. O ACRD saltaba ao campo disposto a permanecer outra semana mais ocupando o bronce, e o Portosín a sumar 3 puntiños moi importantes para seguir subindo postos.

Os equipos saltaron ao campo, baixo a atenta mirada de unha grada case repleta. Nos primeiros compases do partido os equipos non se asentaban en toda totalidade no terreo de xogo, e polo tanto o balón ainda non encontraba dono. Este estado durou case toda a primeira parte, onde os dous equipos a parte d se repartir a posesión tamén repartían as xogadas de perigo, ocasionando bastante perigo por ambos dous equipos, o que puxo un partido moi pero moi interesante nunha tarde de domingo xélida.

Tan interesante se poñía o partido, que o que colmou o vaso foi a expulsion da nosa porteira, cal saeu a atacar un balón ao borde da area que dirixía a dianteira do Portosín con bastante perigo, e o árbitro interpretou que este bloqueo foi fora da area, o que implicaba roxa directa.

O ACRD quedabase con 10 xogadoras, as filas do Portosín non podía desaproveitar esta vantaxe e subiulle unha marcha ao partido. Logo do lanzamento de dita falta pitabase o descanso. O ACRD tocaballe afrontar os proximos 45 minutos cunha xogadora menos, ante un equipo que non ia a desaproveitar a ocasión.


Comenzaba a segunda parte, e como non o Portosín a apretar, tiberon nos primeiros compases da segunda parte bastantes ocasións que non suiperon aproveitar, pola contra o ACRD solo lle quedaba defender. Na metade da segunda parte o ACRD empezou a levantar a cabeza e crear ocasións con perigo.

Nos últimos 15 minutos as ocasións sucedianse, pero ningun encontraba o fondo da rede. Ata que nos ultimos instantes do partido en un rechace Rebe encontrouse co balón solto, non desperdiciu a ocasión e lle largou un bo zambombazo que acabou no fondo da rede.

Xa apenas quedaba tempo a nada, pero o Portosín volveríao a intentar un par de veces sen final feliz, ata que o árbitro pitou o final do partido.

3 Puntiños moi importates que se veñen para a casa, e que nos deixa moi bo sabor de boca. Outra semana mais ocupando a terceira posición.

Proximo domingo ACRD Boiro-Villestro, partido ante o lider, onde o ACRD sairá a por todas, e onde o público esperemos que sexa o xogador numero 12.

No hay comentarios:

Publicar un comentario