miércoles, 14 de noviembre de 2012

Xornada 10

Tocaba disputar a ultima xornada que pechaba a primeira volta de esta liga. Esperavamos un perigoso e vello coñecido, o Val de Ulla. Partido a mala hora e nunha tarde de domingo moi fria. Chegariamos a este encontro con resultados de rivais moi favorables, xa que se gañabamos este encontro, rematariamos esta primeira volta na 3ª posición da taboa.

Coñecer estes datos puido ser unha boa noticia ou  mala dependendo como se tomase.

O partido estaba previsto para as 19:15, hora que se retrasaria ata case chegadas as 8 da tarde, xa que o arbitro chegou con retraso. A esa hora comenzou a rodar o balón sobre un cesped case conxelado, e onde as xogadoras de ambos equipos non daban encontrado as súa posicion no terreo de xogo.

O balón empezou a circular de campo a campo, onde non encontraba dono. As ocasioóns foronse sucedendo para ambos equipos co mesmo nivel de perigosidade. Xa fora polo frio ou por outras razons, ata mediados da primeira parte as nosas non se fixeron co control do partido.

Sería a partires de aquí cando se empezaron a suceder as ocasións e empezarón a finalizar as xogadas. Pouco a pouco iriamos anotando goles ata chegar ao descando cun 0-3, do cal non nos queriamos fiar, xa que o Val de Ulla seguía tendo de vez en cando algunha ocasión.


Comenzamos a segunda parte, baixo unha nube de niebla na que costaba ver a propias xogadoras, e onde o que mais e o que menos o que queria era finalizar o encontro para poderse ir a un sitio resgardado.

Aos poucos minutos da segunda parte o Val de Ulla faria o 1-3, que lle daba tanto a elas vida no partido como ao propio equipo, xa que empezou a virse arriba e ter mais ocasións.

Pola nosa parte tamén tivemos varias ocasións, non tan sucesivas pero que si suipemos materializar. Poucos minutos despois poñeriamos o 1-4. O partido seguiría asi ata case os ultimos compases do partido, onde as nosas tiñan o control do partido e o Ulla pelexaba case sen forzas. Nos ultimos minutos pechamos o marcador cun 1-5.


Acabamos a primeira volta desta liga cunha moi boa posicion, o 3º posto, por detras de Villestro e O Val. Para a semana xa comenzamos a segunda volta, que nos depara un partido importantisimo contra o Portosín. Na primeira volta o resultado foi 1-1.

Veña a seguir así e a por todas.






No hay comentarios:

Publicar un comentario