miércoles, 28 de noviembre de 2012

Xornada 11

Tocaba disputar a undécima xornada de liga, e tocavamos seguramente un dos encontros máis dificles de liga, tocaba o partido ante o lider, o Villestro, seguramente o equipo máis forte de esta liga, non solo pola súa primeira posición na taboa, senon polos seus 10 partidos sen coñecer outra cousa que a victoria e como non polo seu bo futbol.


Daba comenzo o partido, onde o Villestro saia disposto a seguir invicto, e o ACRD , porque non, a dar a sorpresa arrepiñando algún puntiño, pero o que non esperaba este ACRD era que o Villestros petara tan cedo, xa que sobre o minuto 15 adiantariase no marcador.

Isto non cambiaria nada, a parte de o marcador, xa que as nosas seguirían a tope e como non o Villestro tamén.O ACRD intentabao, tendo bastantes ocasión e quizás ofrecendo o seu mellor futbol, por non decir o mellor de toda a tempada. Mentres tanto o Villestro seguía co seu futbol, sen contar con moitas ocasión. Eso si as que tiña non as desperdiciaba. O 0-2 chegou de penalti, en un despese de unha xogadora que controla ca man.


Minutos antes do descanso, en un destas ocasións das qu estaba tendo o ACRD, recorta distancias para irse ao descanso cun axustado 1-2, tanto en goles como en futbol. Estabase a disputar un bo partido en Vista Alegre, onde o ritmo de partido era altisimo.


Saltaban ao terreo de xogo para disputar os ultimos 45 minutos de este encontro, os dous equipos. Onde o Villestro quería amarrar o partido e o ACRD pola súa contra ter unha pequena recompensa polo partido que estaba a disputar.

O partido volvía as raices do comenzo, o ACRD intentavao con varias ocasións sen ter resultados, e o Villestro a facer o seu bo futbol. 

O villestro volvía a mandar outro balón ao fondo da rede, para asentar o partido e poñer o 1-3. Pero a cousa non quedaría así xa que o ACRD seguía ca súa casta, e con sucesivas ocasións. En unha destas nun despexe da defensa do Villestro, marcan en propia porta e volven a darlle vida ao partido, poñendo o 2-3. Non ía a ser un partido fácil para o Villestro, e moito menos para o ACRD que vía que os minutos se lle terminaban e non vía recompensa.

Estaba sendo un partido moi igualado, e con moitos goles, onde non se daba un balón por perdido e os equipos estaban loitando por un partido a moi alto nivel. O ACRD dispuxo dun bo par de ocasións para poñer as tablas no marcador pero no foron capaces de convetilas en goles. Pola súa banda o Villestro si que tibo unha ocasión e non dudo en sentenciar, poñendo o definitov 2-4 ao marcador.

Nos últimos intantes do partido o ACRD tería mais ocasión pero que acabarían coma as anteriores, en nada.Con isto tocaba o pito final.

As xogadoras do ACRD saían un pouquiño desgustadas porque para o bo futbol que fixeron e non ter recompensa, pero por outra parte este partido dalle animos, e en realidade foi unha derrota con bo sabor de boca.

Destacar que outra semana mais descansamos na 3ª posición, polos resultados dos nosos rivais.

Agora toca pensar xa no seguinte rival, Milagrosa, que se disputara este domingo as 16:00 en Vista Alegre.



martes, 20 de noviembre de 2012

Xornada 10

Comenzabamos a segunda volta de liga, co noso equipo ocupando a 3ª posición, e cun partido para abrir esta segunda volta, bastane complicado. Como non tocaba o derbi ante o Portosín no seu campo, o cal sumaba o doble de dificultade. O ACRD saltaba ao campo disposto a permanecer outra semana mais ocupando o bronce, e o Portosín a sumar 3 puntiños moi importantes para seguir subindo postos.

Os equipos saltaron ao campo, baixo a atenta mirada de unha grada case repleta. Nos primeiros compases do partido os equipos non se asentaban en toda totalidade no terreo de xogo, e polo tanto o balón ainda non encontraba dono. Este estado durou case toda a primeira parte, onde os dous equipos a parte d se repartir a posesión tamén repartían as xogadas de perigo, ocasionando bastante perigo por ambos dous equipos, o que puxo un partido moi pero moi interesante nunha tarde de domingo xélida.

Tan interesante se poñía o partido, que o que colmou o vaso foi a expulsion da nosa porteira, cal saeu a atacar un balón ao borde da area que dirixía a dianteira do Portosín con bastante perigo, e o árbitro interpretou que este bloqueo foi fora da area, o que implicaba roxa directa.

O ACRD quedabase con 10 xogadoras, as filas do Portosín non podía desaproveitar esta vantaxe e subiulle unha marcha ao partido. Logo do lanzamento de dita falta pitabase o descanso. O ACRD tocaballe afrontar os proximos 45 minutos cunha xogadora menos, ante un equipo que non ia a desaproveitar a ocasión.


Comenzaba a segunda parte, e como non o Portosín a apretar, tiberon nos primeiros compases da segunda parte bastantes ocasións que non suiperon aproveitar, pola contra o ACRD solo lle quedaba defender. Na metade da segunda parte o ACRD empezou a levantar a cabeza e crear ocasións con perigo.

Nos últimos 15 minutos as ocasións sucedianse, pero ningun encontraba o fondo da rede. Ata que nos ultimos instantes do partido en un rechace Rebe encontrouse co balón solto, non desperdiciu a ocasión e lle largou un bo zambombazo que acabou no fondo da rede.

Xa apenas quedaba tempo a nada, pero o Portosín volveríao a intentar un par de veces sen final feliz, ata que o árbitro pitou o final do partido.

3 Puntiños moi importates que se veñen para a casa, e que nos deixa moi bo sabor de boca. Outra semana mais ocupando a terceira posición.

Proximo domingo ACRD Boiro-Villestro, partido ante o lider, onde o ACRD sairá a por todas, e onde o público esperemos que sexa o xogador numero 12.

miércoles, 14 de noviembre de 2012

Xornada 10

Tocaba disputar a ultima xornada que pechaba a primeira volta de esta liga. Esperavamos un perigoso e vello coñecido, o Val de Ulla. Partido a mala hora e nunha tarde de domingo moi fria. Chegariamos a este encontro con resultados de rivais moi favorables, xa que se gañabamos este encontro, rematariamos esta primeira volta na 3ª posición da taboa.

Coñecer estes datos puido ser unha boa noticia ou  mala dependendo como se tomase.

O partido estaba previsto para as 19:15, hora que se retrasaria ata case chegadas as 8 da tarde, xa que o arbitro chegou con retraso. A esa hora comenzou a rodar o balón sobre un cesped case conxelado, e onde as xogadoras de ambos equipos non daban encontrado as súa posicion no terreo de xogo.

O balón empezou a circular de campo a campo, onde non encontraba dono. As ocasioóns foronse sucedendo para ambos equipos co mesmo nivel de perigosidade. Xa fora polo frio ou por outras razons, ata mediados da primeira parte as nosas non se fixeron co control do partido.

Sería a partires de aquí cando se empezaron a suceder as ocasións e empezarón a finalizar as xogadas. Pouco a pouco iriamos anotando goles ata chegar ao descando cun 0-3, do cal non nos queriamos fiar, xa que o Val de Ulla seguía tendo de vez en cando algunha ocasión.


Comenzamos a segunda parte, baixo unha nube de niebla na que costaba ver a propias xogadoras, e onde o que mais e o que menos o que queria era finalizar o encontro para poderse ir a un sitio resgardado.

Aos poucos minutos da segunda parte o Val de Ulla faria o 1-3, que lle daba tanto a elas vida no partido como ao propio equipo, xa que empezou a virse arriba e ter mais ocasións.

Pola nosa parte tamén tivemos varias ocasións, non tan sucesivas pero que si suipemos materializar. Poucos minutos despois poñeriamos o 1-4. O partido seguiría asi ata case os ultimos compases do partido, onde as nosas tiñan o control do partido e o Ulla pelexaba case sen forzas. Nos ultimos minutos pechamos o marcador cun 1-5.


Acabamos a primeira volta desta liga cunha moi boa posicion, o 3º posto, por detras de Villestro e O Val. Para a semana xa comenzamos a segunda volta, que nos depara un partido importantisimo contra o Portosín. Na primeira volta o resultado foi 1-1.

Veña a seguir así e a por todas.






miércoles, 7 de noviembre de 2012

Xornada 8

Xornada 8 a cal nos deparaba un encontro en onde tiñamos que conseguir os 3 puntos, tanto porque chegavamos necesitadas de puntos como para levantar a moral. Ese partido era o ACRD Boiro-At. Arousana. Equipo moi xoven pero con moita experiencia.

O partido comenzou a eso das 16:15 da tarde do domingo 4 de Novembro. Os dous equipos saltaron ao campo fortes e con ganas de levarse o partido. Nos primeiros compases do partido tanto a posesión coma o control do balón estaría repartida entre os dous equipos. O Arousana acercabase con perigo a area defendida pola nosa gardametas, tanto a xogadas a balón parado como en xogadas de extratexia.

Tiveron unhas cantas ocasións que non suiperon aprobeita, noutras na que a nosa porteira estibo acertada, e tamén destacar a nosa gran defensa que fixo un moi bo traballo.

Logo de estas ocasións, o control parsaría a mans do ACRD, onde empezou a facer futbol e fabricar ocasións. Pouco a pouco o gol estaba mais cerca, pero este non chegou ata case o descanso, o cal implicaria que nos foramos para o vestiario cun axustado 1-0.

Na segunda parte parecía que as nosas quería asegurar o partido marcando algún tanto mais, pero esto ainda tivo que esperar, xa que antes disfrutariamos de boas xogadas locales. O Arousana dedicabase a defender a súa portería e a aprobeitar os contra-ataques.

Na metade da segunda parte chegaría o noso segundo gol, poñendo  o 2-0, tibemos bastantes ocasións pero que non acabaría no fondo da rede. Polo tanto o partido chegaría ao final cun axustado 2-0, que puido ser maior. 3 puntiños que se quedan na casa, e nos dan moita moral.

As cousas quedan moi axustdas xa que estamos con 8 puntos Milagrosa, Portosín, Orzán e nos, con 2 puntos mais encontrase o Xuventude Aguiño ocupando a segunda posición na taboa.

Este fin de semana toca outro partido dificil, vamos a Ulla, que nos leva a enfrontarnos ao Val de Ulla. Sairemos a por todas e a intentar traernos os 3 puntiños...