martes, 25 de septiembre de 2012
Segunda Xornada
Comenzaba o a segunda xornada de liga da Primeira Division Galega, e con ela o encontro Villestro-ACRD Boiro, e unha tarde que practicar o noso deporte tan querido era case un riesgo. Foi unha tarde de domingo pasado por agua, por moita auga, onde esta nos acompañaou antes, durante e despois do partido.
A eso das 18:45 da tarde deste fatidico domingo, saltaban as xogadoras do ACRD E Villestro ao campos destas ultimas. Villestro equipo recén ascendido pero que reforzou moito todas as súas lineas e conta cun equipo moi equilibrado. Istas foron algunhas das razóns polas que o ACRD debería saltar a tope e metido no partido dende o minuto 0, e así foi. As nosas xogadoras sairon a tope, o que fixo que durante toda a primeira parte fora un partido onde non se puidera sacar a vista do campo, xa que o Villestro tamén o fixo así. A posesión repartiriase entre os dous equipos, así como tamén se repartiron as ocasións de gol.
Así transcurriu toda a primeira parte, e cando xa todo estavamos seguros de que chegariamos ao descanso con tablas no marcador, o ACRD sacou un corner botado por Marina ao que Eva non o desaproveitou e mandou o balón ao fondo da rede. Co 0-1 nos iriamos ao descanso, un 0-1 que non resolvía nada e deixaba toda a segunda parte aberta.
Na segunda parte, a choiva seguiría con nos, e o bo futbol tamén. Outra vez os equipos sairon a tope, o Villestro viña a por todo, e empezou a crear ocasións de gol, sen darnos pe a nada. Asi aos poucos minutos fixeron o 1-1, a sorpresa non quedaría aquí senon que nos minutos seguintes estas mesmas fixeron o 2-1, que lle daba a volta ao marcador. O ACRD non baixou os brazos, pero parecía que esa tarde a sorte non ia estar do seu lado, polo que o Villestro puso o 3-1 xa case materializando o partido.
As nosas rapazas seguiron dando todo, e así conseguiron o 3-2 por parte de Laura, que lle abría outra vez as portas ao noso equipo. O Villestro seguía na súa linea, xa que en ningún momento baixou marcha. Nos minutos finales puxeron o 4-2, que daba confianza ao equipo e sería o resultado final.
Primeira derrota da liga, que non significa nada negativo, senon todo o contrario xa que nos obliga a poñernons as pilas un pouco mais fortes. Para a próxima xornada tocanos partido outra vez fora da casa, Milagrosa-ACRD Boiro, partido que seguramente sexa moi dificil, pero polo que as nosas xogadoras intentaran traerse os 3 puntos para non descolgarnos da parte alta da tabla.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario