lunes, 17 de septiembre de 2012

Primeira Xornada

Primeira xornada de liga, e partido de estreno de categoría das nosas rapazas logo do ascenso merecido. En frente a un moi bo rival e vello conocido, o Portosín, derbi para darlle un bo comenzo a liga. Saltaron os dous equipos ao terreo de xogo a eso das 17:00 da tarde, baixo un día onde apretaba o sol e cun bo ambiente de asistencia ao campo, cousa que se agradece e moito. Os dou equipos sairon enchufados no partido, os dous se querian levar os 3 punto para ter un bo comenzo de liga. O partido foi bastante igualado na primeira parte. Empezou petando primeiro o Portosín e poñeriase cun 0-1. As nosas rapazas non baixaron nunca os brazos, e pouco despois veu o gol do empate por parte de Laura, que poñia no marcador o 1-1. O ACRD empezou a ter mais posesion e control do partido, e antes do descanso outra vez Laura poñeria o 2-1 no marcador dende falta directa. Con este resultado se foi ao descanso. Na segunda parte o ACRD parece que quería aumentar esta ventaxa e viña disposto a levarse o partido fora como fora. Dispuxo de varias ocasións pero non soupo darlle unha finalización a ningunha. Pola súa parte o Portosin dedicabase a defender e sacar o balón da súa area. Apenas dispuso de ocasións, pero en unha de elas, a falta de 5 minutos para o final, puxo resultado final no marcador cun 2-2. Con este resultado se foi ao final do partido, onde as xogadoras do ACRD saían cabeza baixa, xa que un partido que en principio tiñan controlado se lle escapou nos ultimos compases do partido. Agora toca pensar xa na proxima semana, que nos leva a enfrentarnos a un equipo que estrea categoría pero que formou un moi bo equipo e ven a ser o equipo revelacion, o Villestro. Dende aquí mandar moita sorte a todas as xogadoras que esperemos que saian a por todas. ANIMO RAPAZAS...

No hay comentarios:

Publicar un comentario