martes, 25 de septiembre de 2012
Segunda Xornada
Comenzaba o a segunda xornada de liga da Primeira Division Galega, e con ela o encontro Villestro-ACRD Boiro, e unha tarde que practicar o noso deporte tan querido era case un riesgo. Foi unha tarde de domingo pasado por agua, por moita auga, onde esta nos acompañaou antes, durante e despois do partido.
A eso das 18:45 da tarde deste fatidico domingo, saltaban as xogadoras do ACRD E Villestro ao campos destas ultimas. Villestro equipo recén ascendido pero que reforzou moito todas as súas lineas e conta cun equipo moi equilibrado. Istas foron algunhas das razóns polas que o ACRD debería saltar a tope e metido no partido dende o minuto 0, e así foi. As nosas xogadoras sairon a tope, o que fixo que durante toda a primeira parte fora un partido onde non se puidera sacar a vista do campo, xa que o Villestro tamén o fixo así. A posesión repartiriase entre os dous equipos, así como tamén se repartiron as ocasións de gol.
Así transcurriu toda a primeira parte, e cando xa todo estavamos seguros de que chegariamos ao descanso con tablas no marcador, o ACRD sacou un corner botado por Marina ao que Eva non o desaproveitou e mandou o balón ao fondo da rede. Co 0-1 nos iriamos ao descanso, un 0-1 que non resolvía nada e deixaba toda a segunda parte aberta.
Na segunda parte, a choiva seguiría con nos, e o bo futbol tamén. Outra vez os equipos sairon a tope, o Villestro viña a por todo, e empezou a crear ocasións de gol, sen darnos pe a nada. Asi aos poucos minutos fixeron o 1-1, a sorpresa non quedaría aquí senon que nos minutos seguintes estas mesmas fixeron o 2-1, que lle daba a volta ao marcador. O ACRD non baixou os brazos, pero parecía que esa tarde a sorte non ia estar do seu lado, polo que o Villestro puso o 3-1 xa case materializando o partido.
As nosas rapazas seguiron dando todo, e así conseguiron o 3-2 por parte de Laura, que lle abría outra vez as portas ao noso equipo. O Villestro seguía na súa linea, xa que en ningún momento baixou marcha. Nos minutos finales puxeron o 4-2, que daba confianza ao equipo e sería o resultado final.
Primeira derrota da liga, que non significa nada negativo, senon todo o contrario xa que nos obliga a poñernons as pilas un pouco mais fortes. Para a próxima xornada tocanos partido outra vez fora da casa, Milagrosa-ACRD Boiro, partido que seguramente sexa moi dificil, pero polo que as nosas xogadoras intentaran traerse os 3 puntos para non descolgarnos da parte alta da tabla.
lunes, 17 de septiembre de 2012
Primeira Xornada
Primeira xornada de liga, e partido de estreno de categoría das nosas rapazas logo do ascenso merecido. En frente a un moi bo rival e vello conocido, o Portosín, derbi para darlle un bo comenzo a liga.
Saltaron os dous equipos ao terreo de xogo a eso das 17:00 da tarde, baixo un día onde apretaba o sol e cun bo ambiente de asistencia ao campo, cousa que se agradece e moito.
Os dou equipos sairon enchufados no partido, os dous se querian levar os 3 punto para ter un bo comenzo de liga. O partido foi bastante igualado na primeira parte. Empezou petando primeiro o Portosín e poñeriase cun 0-1. As nosas rapazas non baixaron nunca os brazos, e pouco despois veu o gol do empate por parte de Laura, que poñia no marcador o 1-1.
O ACRD empezou a ter mais posesion e control do partido, e antes do descanso outra vez Laura poñeria o 2-1 no marcador dende falta directa. Con este resultado se foi ao descanso.
Na segunda parte o ACRD parece que quería aumentar esta ventaxa e viña disposto a levarse o partido fora como fora. Dispuxo de varias ocasións pero non soupo darlle unha finalización a ningunha. Pola súa parte o Portosin dedicabase a defender e sacar o balón da súa area. Apenas dispuso de ocasións, pero en unha de elas, a falta de 5 minutos para o final, puxo resultado final no marcador cun 2-2.
Con este resultado se foi ao final do partido, onde as xogadoras do ACRD saían cabeza baixa, xa que un partido que en principio tiñan controlado se lle escapou nos ultimos compases do partido.
Agora toca pensar xa na proxima semana, que nos leva a enfrentarnos a un equipo que estrea categoría pero que formou un moi bo equipo e ven a ser o equipo revelacion, o Villestro.
Dende aquí mandar moita sorte a todas as xogadoras que esperemos que saian a por todas. ANIMO RAPAZAS...
miércoles, 12 de septiembre de 2012
Comenzamos
Logo do último partido amistoso, onde nos quedamos con bo sabor de boca, logo de vencer ao Aguiño por 4-6 a domicilio, este domingo 16 de setembro porfin espeza a esperada liga, da que nunca devimos faltar, e como non para empezar forte, derbi, ACRD Boiro-Portosín, ante un forte que o ano pasado conseguiu un bo posto na clasificación. As 17:00 en Vista Alegre, non faltedes a este tan esperado comenzo de liga na 1ª División Galega Femenina do Grupo 1. Necesitamos todo o apoio dos noso socios e afeccionados.
viernes, 7 de septiembre de 2012
Partido Amistoso
Este domingo dia 9 de setembro, terá lugar o último partido correspondente a pre-tempada 2012/2013, en Aguiño as 19:00, Xuventude Aguiño-ACRD Boiro. Non faltedes porque será un bo partido digno de ver e con bo futbol.
martes, 4 de septiembre de 2012
Calendario todas as ligas femeninas
Aquí vos deixo os enlaces aos calendarios de todas as divisions femeninas:
-Superliga:
http://www.siguetuliga.com/liga/nacional-femenino-primera-division/calendario
-Segunda división Grupo 1:
http://www.siguetuliga.com/liga/nacional-femenino-segunda-division-grupo-1
-Liga Gallega Femenina 1ª Division Grupo 1:
http://www.futgal.es/index.php?sec=resultados&delP=1&categoriaP=11601&grupoP=319366&jornadaP=&c1=1
-Liga Gallega Femenina 1ª Division Grupo 2:
http://www.futgal.es/index.php?sec=resultados&del=1&categoria=11601&grupo=319413&jornada=&c1=1
-Liga Gallega Femenina 1ª Division Grupo 1:
http://www.futgal.es/index.php?sec=resultados&del=1&categoria=11676&grupo=319652&jornada=&c1=1
-Liga Gallega Femenina 1ª Division Grupo 2:
http://www.futgal.es/index.php?sec=resultados&del=1&categoria=11676&grupo=319630&jornada=&c1=1
-Liga Gallega Femenina 1ª Division Grupo 3:
http://www.futgal.es/index.php?sec=resultados&del=1&categoria=11676&grupo=319629&jornada=&c1=1
-Superliga:
http://www.siguetuliga.com/liga/nacional-femenino-primera-division/calendario
-Segunda división Grupo 1:
http://www.siguetuliga.com/liga/nacional-femenino-segunda-division-grupo-1
-Liga Gallega Femenina 1ª Division Grupo 1:
http://www.futgal.es/index.php?sec=resultados&delP=1&categoriaP=11601&grupoP=319366&jornadaP=&c1=1
-Liga Gallega Femenina 1ª Division Grupo 2:
http://www.futgal.es/index.php?sec=resultados&del=1&categoria=11601&grupo=319413&jornada=&c1=1
-Liga Gallega Femenina 1ª Division Grupo 1:
http://www.futgal.es/index.php?sec=resultados&del=1&categoria=11676&grupo=319652&jornada=&c1=1
-Liga Gallega Femenina 1ª Division Grupo 2:
http://www.futgal.es/index.php?sec=resultados&del=1&categoria=11676&grupo=319630&jornada=&c1=1
-Liga Gallega Femenina 1ª Division Grupo 3:
http://www.futgal.es/index.php?sec=resultados&del=1&categoria=11676&grupo=319629&jornada=&c1=1
Suscribirse a:
Entradas (Atom)