lunes, 19 de marzo de 2012

Segunda xornada liguilla copa

Domingo 18 de Marzo, tocaba a segunda xornada da liguilla do pase a octavos da copa. Partido moi importante xa que nos tocaba enfrertarnos ao Bueu, equipo que xa non no lo puxo moi facil na liga.

As xogadoras saltaron ao campo raras, nerviosas, nada comodas, as razóns serían quizas que tiñan a un grande diante, que pouco a pouco foi mellorando como equipo. O balón parecía que non se decantaba de equipo, pero pasados uns minutos o Bueu pareceu que controlaba o partido, de feito adiantouse no marcado poñendo o 0-1, a prol destas. Un mal despexe dunha das nosas e ao borde da area rematou a pracer a xogadora do Bueu.

O gol pareceu afectarlle as nosas, polo tanto empezaron a espabilar e poñerse as pilas, de tal maneira que colleron o timón do partido. Empezaron a ter ocasion pero non daba encontrado o gol, ata que eva o encontrou e non perdonou poñendo as tablas no marcador.

O partido a partir de este gol, podía ser de calquera, xa que ningun equipo tiña o dominio do partido. Veronica tivo a seguinte ocasion a cal tampouco desperdiciou e fixo o 2-1. Con este resultado iriase ao descanso.

Na segunda parte mais do mesmo, os dous equipos apretaban e ningun sentenciaba, nin collian o mando do partido. Foi unha segunda parte intensa minuto a minuto, na que non houbo goles pero si ocasións, as cales ningun dos dous equipos suipo aprobeitar.

Ao final do partido chegariase cun axustado 2-1. Unha victoria mais e un paso menos para das o paso a seguinte ronda da Copa.

O seguinte partido desprazaranos a Beluso, ainda non esta a hora concretada, pero o partido esta para as 18:30, informaremos cando sepamos con certeza, en facebook, tuenti e blog.

Vamos chabalas que xa queda menos para pasar de ronda.....

No hay comentarios:

Publicar un comentario