lunes, 12 de marzo de 2012

Primeira xornada liguilla copa

Bueno pois este Domingo 11 comenzaban as liguillas de copa de todos os grupos, nas que se enfrentaban os equipos de segunda. O noso Grupo 2 composto por : Unión Dena, ACRD Boiro, CD Bueu e CD Beluso, comenzaba cos seguintes choques:

Unión Dena-ACRD Boiro.
CD Bueu-CD Beluso.

As nosas rapazas desprazabanse a Dena, rival que en principio non supoñia moitos problemas, pero do que non nos queriamos fiar, porque vimos moitas melloras de estas rapazas no partido de liga de volta.

Os dous equipos saltaron ao campo baixo unha maña de domingo moi soleada e demasiado calurosa. Os dous equipos tardaron en entrar no partido onde o balón non se decidía de que lado poñerse. Pouco a pouco pasaron os minutos e o ACRD foi tomando o control do partido, ainda que deixandolle ao Dena algunha ocasión.

O ACRD empezou a marcar goles, por parte de Eva de cabeza tras un saque de corner de Niu, Veronica que non fallou diante da porteira e de Niu de penalti. Foise ao descanso cun 0-3.

Na segunda parte as nosas rapazas tomaron o control total do partido, sen deixar apenas tocar o balón ao Dena. Caeron tres goles mais e o Dena tivo unha unica ocasion que atallou a nosa porteira. Chegouse ao final do partido cun 0-6.

Un partido menos para pasar de esta liguilla. Este domingo esperanos un rival bastante forte, disputaremos o seguinte partido de esta liguilla en Vista Alegre o domingo 18 as 17:00 ACRD Boiro-Bueu, un bo partido digno de ver e no que necesitamos o apoio do noso publico para se o xogador numero 12, dende aqui animaos a todos a acudir ao campo......VAMOS CHABALAS...A POR TODAS..

No hay comentarios:

Publicar un comentario