lunes, 26 de marzo de 2012

Terceira xornada liguilla copa

Tocaba a terceira xornada de liguilla de copa, na que faciamos un desprazamento bastante dificil, o encontro tratabase de CD Beluso-ACRD Boiro. As xogadoras saltaron ao campo baixo unh tarde de domingo moi calurosa, onde o campo do Beluso estaba a rebosar....e como non a meter presion....

Os primeiros compases do partido, coma sempre o balón rodaba de un campo a outro entres os dous equipos sen chegar a decidirse por que equipo quedar....Pero pasados uns minutos o ACRD tivo algo mais de posesion do balón pero sen chegar as ser completo..As nosas tiveron un par de ocasions que non suipero aprobeitar....Pero como ben di  o refrán, a terceira foi a bencida, e Veron encontrouse co gol, sola ante a porteira non fallou...

O partido seguiu e antes do final do partido Vero volveu incrustar o balón na rede do Beluso. Foise ao descanso cun 0-2, pero nada claro, xa que o Beluso coma sempre non baixa os brazos.

Na renudacion da segunda parte, aos poucos minutos Eva poñía o 0-3 para dar a seguridade ao ACRD, seguridade que pouco durou, xa que en un bo tiro de unha xogadora do Beluso, poñería o 1-3. A partires de aqui o ACRD puxose as pilas e non perdou, Vero fixo o hattrick e puso o 1-4. Logo de este gol, o Beluso non dispuxo de mais oportunidades ainda que non deixaba de intentalo...

Nos ultimos compases do partido, Rebe conseguiu o 1-5, que xa dou a tranquilidade completa ao ACRD, e a partires de aqui o ACRD solo se dedicou a ter a posesion do balón e esperar que pasaran os minutos.Con este resultado chegariase ao final do partido.

A proxima semana, o domingo 1 de abril, en Vista Alegre, ACRD Boiro-CD Beluso as 17:00, esperamos o voso apoio e presencia, en este partido tan importante para conseguir o pase de fase da copa.

lunes, 19 de marzo de 2012

Segunda xornada liguilla copa

Domingo 18 de Marzo, tocaba a segunda xornada da liguilla do pase a octavos da copa. Partido moi importante xa que nos tocaba enfrertarnos ao Bueu, equipo que xa non no lo puxo moi facil na liga.

As xogadoras saltaron ao campo raras, nerviosas, nada comodas, as razóns serían quizas que tiñan a un grande diante, que pouco a pouco foi mellorando como equipo. O balón parecía que non se decantaba de equipo, pero pasados uns minutos o Bueu pareceu que controlaba o partido, de feito adiantouse no marcado poñendo o 0-1, a prol destas. Un mal despexe dunha das nosas e ao borde da area rematou a pracer a xogadora do Bueu.

O gol pareceu afectarlle as nosas, polo tanto empezaron a espabilar e poñerse as pilas, de tal maneira que colleron o timón do partido. Empezaron a ter ocasion pero non daba encontrado o gol, ata que eva o encontrou e non perdonou poñendo as tablas no marcador.

O partido a partir de este gol, podía ser de calquera, xa que ningun equipo tiña o dominio do partido. Veronica tivo a seguinte ocasion a cal tampouco desperdiciou e fixo o 2-1. Con este resultado iriase ao descanso.

Na segunda parte mais do mesmo, os dous equipos apretaban e ningun sentenciaba, nin collian o mando do partido. Foi unha segunda parte intensa minuto a minuto, na que non houbo goles pero si ocasións, as cales ningun dos dous equipos suipo aprobeitar.

Ao final do partido chegariase cun axustado 2-1. Unha victoria mais e un paso menos para das o paso a seguinte ronda da Copa.

O seguinte partido desprazaranos a Beluso, ainda non esta a hora concretada, pero o partido esta para as 18:30, informaremos cando sepamos con certeza, en facebook, tuenti e blog.

Vamos chabalas que xa queda menos para pasar de ronda.....

lunes, 12 de marzo de 2012

Primeira xornada liguilla copa

Bueno pois este Domingo 11 comenzaban as liguillas de copa de todos os grupos, nas que se enfrentaban os equipos de segunda. O noso Grupo 2 composto por : Unión Dena, ACRD Boiro, CD Bueu e CD Beluso, comenzaba cos seguintes choques:

Unión Dena-ACRD Boiro.
CD Bueu-CD Beluso.

As nosas rapazas desprazabanse a Dena, rival que en principio non supoñia moitos problemas, pero do que non nos queriamos fiar, porque vimos moitas melloras de estas rapazas no partido de liga de volta.

Os dous equipos saltaron ao campo baixo unha maña de domingo moi soleada e demasiado calurosa. Os dous equipos tardaron en entrar no partido onde o balón non se decidía de que lado poñerse. Pouco a pouco pasaron os minutos e o ACRD foi tomando o control do partido, ainda que deixandolle ao Dena algunha ocasión.

O ACRD empezou a marcar goles, por parte de Eva de cabeza tras un saque de corner de Niu, Veronica que non fallou diante da porteira e de Niu de penalti. Foise ao descanso cun 0-3.

Na segunda parte as nosas rapazas tomaron o control total do partido, sen deixar apenas tocar o balón ao Dena. Caeron tres goles mais e o Dena tivo unha unica ocasion que atallou a nosa porteira. Chegouse ao final do partido cun 0-6.

Un partido menos para pasar de esta liguilla. Este domingo esperanos un rival bastante forte, disputaremos o seguinte partido de esta liguilla en Vista Alegre o domingo 18 as 17:00 ACRD Boiro-Bueu, un bo partido digno de ver e no que necesitamos o apoio do noso publico para se o xogador numero 12, dende aqui animaos a todos a acudir ao campo......VAMOS CHABALAS...A POR TODAS..

jueves, 8 de marzo de 2012

Sorteos copa

Xa temos os grupos feitos para a competición da copa, logo do sorteo do Martes 5, os grupos quedaron da seguinte maneira:

GRUPO 1: DUBRA, UMIA, PORTONOVO, GROVE
GRUPO 2: ACRD, BUEU, BELUSO, DENA
GRUPO 3: CHANTADA, MONTEFORTE, MELIDE, MILAGROSA
GRUPO 4: TORDOIA, PASTORIZA, AS PONTES, ORZAN "C"
GRUPO 5: PEREIRO, VILARIÑO, GOIA, VILA DE CORPUS
GRUPO 6: VALLADARES, CASTRELOS, TIDE, PONTEAREAS.
GRUPO 7: TOMIÑO, OLIVO "B", GONDOMAR.

Empezase o dia 11 de Marzo, hai 7 grupos(6 de 4 equipos e 1 de 3). Clasificanse para a 2ª fase os 2 primeiros de  de cada grupo logo de disputar unha liguilla entres os equipos con ida e volta.
A 2ª fase empeza o 29 de abril, onde se incorporan os equipos de preferente e os que xogan o play off a partido de ida e volta. O sorteo farase o 23 de abril.

Iremos actualizando resultados na seccion Copa. Falando do noso grupo os primeiros partidos seran:
Dena-ACRD Boiro, domingo as 12:00
Bueu-Beluso, domingo as 12:00

Vamos chabalasssssssssssssssss vamos a empezar ben a copa...


Deixo o enlace cos grupos e enfrontamentos de cada xornada: Enfrontamentos copa e grupos