jueves, 14 de noviembre de 2013

Xornada 6

Partido antes da xornada de descanso, logo de 3 empates consecutivos, tocaba ir a por todas para ter un descanso tranquilo.

Tocaba partido dificil ante o Val do Ulla no seu campo, onde estas se fan fortes. O ACRD saiu a por todas pero logo levou un pau, xa que as locales se adiantaban no marcador poñendo o 1-0. O ACRD non baixou os brazos e apretou ainda mais de maneira q conseguía o empate a 1-1 a través de Anair.

Seguía o partido e os dous equipos querían irse ao desecanso cunha pequena renta. Esta renta foi para o noso equipo, onde Eva poñia o 1-2 a escasos segundos do descanso.

Comenzaba a segunda parte e o dominio repartiase entre os dous equipos, o ACRD quería sentenciar e o Val do Ulla quería amarrar o empate. Foron estas ultimas quen o conseguiron, a falta de 10 min. para a finalización do encontro estas establecían o 1-1 final.

Este fin de semana toca descanso, e como non toca cea de equipo para facer grupo, limar asperezas e moitas mais cousas que non contaremos aqui :)

No hay comentarios:

Publicar un comentario