Logo do parón ao finalizar a liga, tocaba o bo e bonito, pero para nada fácil e sabiamolo. Tocaba a 1ª Xornada da liguilla da Fase de Ascenso. O encontro era o ACRD- Bertola, campión do grupo 2 e claro favorito.
As xogadoras saltaron ao terreo de xogo, a un terreo de xogo case impracticable pola choiva caída durante todo o día. O partido comenzou e o balón apenas rodaba, polo tanto a maioría do xogo ia ser aereo. O Bertola viase que se quería facer co partido, empezaba a ter a posesión do balón e a crear ocasións. Pola parte do ACRD limitabase a aguantar as lineas e aprobeitar os contra golpes.
A maioría das ocasión foron para o Bertola, o ACRD solo dispuso de dúas que non suipo aproveitar. O Bertola apretaba cada vez máis. Pero o ACRD cas lineas ben marcada frenaba como podía este ataque.
A poucos minutos para o descanso, nunha destas tantas ocasións, o Bertola marcaba o 0-1, co cal se irían ao descanso.
Comenzaba xa a segunda parte, onde o campo xa parecía máis practicable. O Bertola salía a polo partido e a apretar a fondo. E así foi, uns 10 primeiros minutos pésimos do ACRD condenarono, xa este tempo foi o que lle valeu ao Bertola para facer o 0-4 e facerse co control do partido.
A partires de este momento o ACRD xa case non dispuxo de ocasións é a superioridade físca facíase moi notable. Mentres que as locales se dedicaban a sacar balóns da area, o Bertola facía o seu mellor xogo.
Os minutos pasaban e os goles aumentaban, o 0-5 foi de penalti un pouco dudoso, pero que o arbitro pitou sen piedade. Os 3 seguintes goles colleita propia do Bertola.
Chegariase ao final do partido cun aplastante 0-8, resultado aplastante e moi duro, quizas un pouco inxusto, pero nadie dixo que esto sería fácil. As intencións nesta liguilla temolas bastante claras, aproveitar e disfrutar este momento ao máximo.
Proximo encontro Villestro-ACRD Boiro as 18:00 en Villestro, a facer o que máis nos gusta a xogar e disfrutar do fútbol.
No hay comentarios:
Publicar un comentario