lunes, 14 de mayo de 2012
Fase 1/16 ida
Partido duro, moi duro o que nos esperaba este domingo pasado en Vista Alegre. O rival a batir o Val cuarto clasificado na liga de preferente e equipo moi forte e competitivo, que xa coñeciamos.
A tarde de domingo presentabase un pouco pesada para xogar ao futbol, xa que facia un calor aplastante. As xogadoras dos dous equipos saltaron ao campo sobre as 5 da tarde. O Val como era de esperar forte, a loitar por todos os balóns. Pola nosa parte tamén fortes a intentar xogar todos os balons e facer o bo futbol.
Durante a primeira parte tiveron ocasions boas os dous equipos,o Val por partes dous seus interiores, nos con balóns peinados a area rival. Case ao final da primeira parte o Val aprobeitou unha boa ocasion para adiantarse e irse con ventaxa ao descanso 0-1.
Xusto antes de pitar o final, a nosa dianteira escapabase en solo para batir a porteira pero foi agarrada por unha central a cal a derribou e supuso unha roxa directa para a central de O Val.
Na segunda parte mais do mesmo, as ocasions sucedianse, e o ACRD intentabao pero non se encontraba co gol, pola parte de O Val intentaba marcar o segundo con varias ocasions, e na metade da segunda parte marcou o 0-2. O ACRD para nada baixou os brazos e seguiu intentando para acortar o resultado. Consegui o 1-2 cun gol de penalti por man de unha central de O Val na sua area.
Os minutos finales do partido foron presion do ACRD e ocasions que non puideron definir, chegouse ao partido cun 1-2 moi igualado e que deixa o partido de volta aberto a todo. Xogarase este domingo as 12:00 en O Val.
Dende aqui dar moitos animos a todas as xogadoras que fixeron un bo partido contra un bo rival como é o Val, ánimo chavalas para o partido de volta...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario