Tocaba a cuarta xornada de liguilla da copa, e o partido enfrontaba a dous fortes en Vista Alegre, ACRD Boiro-CD Beluso, como non unha tarde soleada para disfrutar de bo futbol entre dous bos equipos e que sairian a por todas.
Comenzou o partido cun bo cheo en Vista Alegre, nadie quería perderse o encontro. O partido comenzou e o balón non se decidía por ningún bando, o balón era controlado por igual polos dous equipos e paseabase de un terreo de xogo a outro. Un par de ocasions para os dous equipos e pouco máis se puido disputar antes do pitido que indicaba o fin da primeira parte. Non cabe duda que os dous equipos non querían perder un so punto e por iso pelexaron ata o final.
Comenzou a segunda parte e o xogo seguía igual, ocasións para ambos equipos e bastante circulación de balón. Pasados uns minutos as nosas chabalas foronse asentandando no partido e empezando a coller o dominio de este. Pouco a pouco o balón sería das nosas e o partido tamén, xa que as ocasións solo serían para as nosas. A metade da segunda parte caeron os goles, case seguidos un detras do outro, sen apenas pasar 10 minutos, dous bos goles que subirían ao noso marcador e que nos farían as gañadoras do partido e polo tanto dos 3 puntos tan importantes para seguir sumando e asi poder pasar a seguinte fase.
Este domingo 15 en Vista Alegre as 17:00 ACRD Boiro-Unión Dena, penultimo partido desta liguilla, e último partido na nosa casa, polo tanto esperamos a toda a nosa afección.
No hay comentarios:
Publicar un comentario