lunes, 23 de abril de 2012

Sexta xornada liguilla copa

Ultima xornada de esta liguilla de copa, antes do sorteo onde xa entraban no bombo os equipos de preferente. O ACRD Boiro xa non se xogaba nada, pois xa tiña o pase asegurado a seguinte fase, pero para nada ia a salir ao campo a que pasaran os minutos, senon a gañar como fai e fixo sempre.

O partido sería CD Bueu-ACRD Boiro, onde o Bueu si se xogaba o pase. Os dous equipos sairon ao campo a polo partido, e nos primeiros minutos do encontro o Bueu apretou, tendo un par de ocasions sobre a nosa portería pero que non definiu. Pola outra parte o ACRD tamén tibo unhas cantas ocasions, pero tampouco encontrou a porteria. Os minutos pasaban e o dominio non estaba claro.

Pasados 20 minutos de xogo, o balón pareciu que se quería quedar nos pes do ACRD, o cal empezaba a ter o dominio do partido. Con isto caeu o primeiro gol por parte de Vero. Pouco a pouco foron pasando os minutos e xusto antes do descanso o ACRD puso o 0-2 no marcador.

Na segunda parte o Bueu saiu forte, a aprobeitar os primeiros minutos da segunda parte para meterse no partido, pero non foi capaz de endosar o balón na portería contraria, e pouco a pouco foi decaendo, cousa que aprobeitou o ACRD para facer o 0-3 que xa case poñía o punto final ao partido, xa que a partires de este gol o Bueu limitouse a esperar o final do partido e apenas meteu presion.

Ainda tibemos tempo para ver o cuarto gol das nosas o cal poñia o definitivo 0-4, co cal se chegaría ao final do partido. Con iste resultado e a victoria por solo 2 goles do Beluso sobre o Dena, pasan a seguinte fase o ACRD como primeiro de grupo e o CD Bueu como segundo.

Oxe realizouse o sorteo dos cruces de copa, e ao ACRD tocoulle enfrentarse ao Melide, vello coñecido. Proximo domingo Melide-ACRD Boiro...vamos chicas a loitar polo pase a seguinte fase.....
XA TEMOS OS CRUCES DA PROXIMA XORNADA DE COPA, FEITOS ESTA TARDE:

lunes, 16 de abril de 2012

Quinta xornada liguilla copa

Penúltima xornada desta liguilla de copa, na que o ACRD xa tiña o pase asegurado a seguinte fase, pero na que sairía ao campo coma o fai e fara sempre, A GAÑAR.

Saltaron os dous equipos na tarde de domingo ao campo, baixo un campo aceptable de cheo, na que os afeccionados disfrutarian de un bo partido de futbol.

O ACRD comenzou ben, moi ben, probando cousas pero non escapandose da sua linea de xogo. O dominio era completo do ACRD, as que non lle deixaban xogar ao Dena, estas solo se dedicaban a intentar afastar o balón da súa area. Os goles foron caeron pouco a pouco e chegouse ao descanso cun 5-0 e cun dominio total do ACRD.

Na segunda parte mais do mesmo, dominio total do ACRD e mais goles. O Dena seguía sen poder sair do seu campo, e as veces que saía non conseguía manter o balón mais que un par de metros no seu poder. O tempo foi pasando e os goles sumando, chegouse ao final do partido cun contundente 9-0.

A proxima xornada será a última de esta liguilla, na que o ACRD xa ten o pase asegurado, pero que no proximo partido sairá ao campo como sempreo o fai A GAÑAR.

Proximo domingo 22 CD Bueu-ACRD Boiro....

martes, 10 de abril de 2012

Cuarta xornada liguilla copa

Tocaba a cuarta xornada de liguilla da copa, e o partido enfrontaba a dous fortes en Vista Alegre, ACRD Boiro-CD Beluso, como non unha tarde soleada para disfrutar de bo futbol entre dous bos equipos e que sairian a por todas.

Comenzou o partido cun bo cheo en Vista Alegre, nadie quería perderse o encontro. O partido comenzou e o balón non se decidía por ningún bando, o balón era controlado por igual polos dous equipos e paseabase de un terreo de xogo a outro. Un par de ocasions para os dous equipos e pouco máis se puido disputar antes do pitido que indicaba o fin da primeira parte. Non cabe duda que os dous equipos non querían perder un so punto e por iso pelexaron ata o final.

Comenzou a segunda parte e o xogo seguía igual, ocasións para ambos equipos e bastante circulación de balón. Pasados uns minutos as nosas chabalas foronse asentandando no partido e empezando a coller o dominio de este. Pouco a pouco o balón sería das nosas e o partido tamén, xa que as ocasións solo serían para as nosas. A metade da segunda parte caeron os goles, case seguidos un detras do outro, sen apenas pasar 10 minutos, dous bos goles que subirían ao noso marcador e que nos farían as gañadoras do partido e polo tanto dos 3 puntos tan importantes para seguir sumando e asi poder pasar a seguinte fase.

Este domingo 15 en Vista Alegre as 17:00 ACRD Boiro-Unión Dena, penultimo partido desta liguilla, e último partido na nosa casa, polo tanto esperamos a toda a nosa afección.