lunes, 27 de febrero de 2012

Xornada 21

Ultima xornada para o ACRD, xa que a seguinte toca contra o Mondariz, equipo que se dou de baixa. O ACRD non quería fallar e menos o dia da entrega da copa da liga, motivo polo que o campo se encontraba cun bo aforo, xa que tanto as xogadoras coma a directiva a parte de pegar carteis fixeran correr a voz, e como non a xente animouse e veu ao campo, e para agradecerllo o ACRD doulle uns pinchiñons para que o disfrute do encontro fora mellor.

Antes de comenzar o partido o Grove fixolle o pasillo ao ACRD, dende aqui darlle as gracias as xogadoras e directivos, xa no campo o ACRD recibiu a copa de campionas da liga de mans da federacion, a encargada de recollela como non a nosa capitana Caterina Sanchez. Logo de isto houbo as suas correspondentes fotos co presidente, colaboradores,...

Logo deste inciso o partido comenzou baixo unha boa tarde de domingo. O ACRD comenzou ao tope, sen deixarlle facer nada ao Grove, e co dominio total do partido, no que o xogo estaba todo no campo rival. Os goles comenzaron a caer pouco a pouco e un detras dos outros. O Grove solo esperaba a pasar os minutos xa que non conseguia sair do seu campo. O ACRD foise ao descanso cun aplastante 8-0.

Na segunda parte, mais do mesmo, dominio total do ACRD e goles a caer. A afección aguantou ata o final polo que inspirou as nosas xogadoras que nn se deron fartas da chea de goles. Chegouse ao final do partido cun 21-0, increible pero certo, a maior victoria do ACRD.

Agora toca pensar na copa, por agora un par de semaniñas de descanso merecido para as nosas rapazas, eso si sen deixar de entrenar e traballar para a copa.

Dende aqui agradecemos a toda a afeccion que nos veu acompañar este domingo e outros moitos, e esperamos que na Copa sexa igual. Tamén dar gracias ao Grove por ese pasillo e polas enoraboas. Como non tamen agradecer a directiva e colaboradores xa que sin eles nada seria posible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario