martes, 31 de enero de 2012

Xornada 18

Porfin chegou o Domingo en con el a xornada 18, o que implicaba o partido que enfrontaba ao ACRD Boiro-Beluso, ese que se conseguiamos a victoria podianos facer campionas de liga e conseguir o noso reto que era o ascenso a Preferente, a falta de 4 xornadas.

O partido empezou baixo unha boa maña de Domingo, estupenda para disfrutar de bo futbol, eso si como non mellor maneira que rodeados da nosa afeccion, dende aqui agradecerlle a todos a sua asistencia porque foi un pracer xogar un partido co campo repleto de espectadores.

O ACRD empezou forte, como para non facelo, pero o Beluso non lle poñeria as cousas faciles. Os dous equipos empezaron forte, pero o ACRD parecia ter o control do balón pero non daba atopado o gol. Pelexou e pelexou sen deixar sair ao Beluso do seu campo nin lle deixaba xogar o balón. No minuto 20 chegaria o primeiro gol, e parece que iso foi abrir a lata e traeste gol viñeron os seguintes goles.

O Beluso floxeou e baixou os brazos moi rapidamente. Chegariase ao descanso cun 4-0 onde o ACRD tiña o control total do partido.

Na segunda parte mais do mesmo, o ACRD apretaba forte e o Beluso dedicabase a defender o balón e que o partido acabara o antes posible. Os goles foronse sucedendo ata chegar ao 9-0, a nota menos importante deste choque foi o fallo de 2 penaltis por parte do ACRD, do resto todo alegria e felicitacions.

Ao rematar o encontro as xogadoras do ACRD escorcharon as suas correspondentes botellas de cava, sidra e ata anis corría por ali, tamén decir que a plantilla acabou nas duchas xunto cos dous entrenadores(Miguel e Chopo). Dende aqui dar a noraboa as xogadoras e directiva, e como non ao publico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario